Jenny Odenmo é unha das compañeiras de traballo de IKEA que axudou a introducir KAFFEREP. Goza dos momentos fika cos compañeiros de traballo na oficina e cos amigos ou veciños que se pasan por alí. Pero Jenny ten unha vida moi atarefada e non lle sobra o tempo. "Aos meus fillos gústalles enfornar. A min gústame enfornar, pero non diría que enfornamos todas as semanas. Non é posible. Non temos tempo. Así que sempre teño un fika de reserva no armario", di Jenny. "Somos unha familia moderna e necesitamos a comodidade". De feito, as reservas de Jenny son algúns dos seus pratos favoritos. As galletas de avea con chocolate de KAFFEREP non duran moito na súa casa. "Teñen un chocolate negro incrible entre galletas crocantes. Abro un paquete e desaparecen".
KAFFEREP Galletas de xenxibre
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...KAFFEREP
203.749.27Unha das tradicións suecas máis queridas e a "fika", socializar tomando un café e galletas. Coas lambetadas da serie KAFFEREP, queremos compartir a tradición para que máis ente goce de momentos fika.

Un clásico sueco. Doce e crocante cun toque de xenxibre.
Unha tradicional galleta sueca de Nadal que hoxe en día pode saborearse en todo o mundo.
Listas para servir, son ideais para a pausa do café.

- 203.749.27
1 × KAFFEREP
Galletas de xenxibre- Ancho: 18 cm
- Alto: 7 cm
- Longo: 27 cm
- Peso: 0.67 kg
Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Funcionalidade
O sete é un número máxico
Do kafferep á fika, a tradición sueca de xuntarse na casa para socializar, beber café e comer galletas vén de vello. Naceu sobre o século XIX e o habitual era que o anfitrión servise exactamente sete tipos de galletas aos seus hóspedes. Quen servise menos era considerado avaro e quen servise máis era considerado fachendoso. Porén, sete era a cantidade exacta. En IKEA adoramos compartir momentos especiais con outras persoas, o número de galletas dános igual.




