IKEA 365+ Prato fondo/cunco, laterais en ángulo branco, 22 cm
Como conseguilo
- Apto para microondas
- Apto para lavalouza
A serie IKEA 365+ inclúe todo o necesario para a mesa. A súa sinxeleza resulta ideal para o día a día, pero tamén pode engalanarse con cores e accesorios. É de porcelana de feldespato, polo que conserva a súa beleza pese ao paso do tempo.
Ao ser de porcelana con feldespato, o cunco/prato sopeiro resiste os golpes e é duradeiro.
Práctico e útil, pódese empregar para servir ou comer.
Esta louza é práctica a ten un deseño atemporal e elegante que queda ben con todo tipo de pratos. Perfecta para usala a diario.
Grazas ao deseño intelixente da louza, poderás gardar as pezas pequenas dentro das máis grandes e facer así sitio para outras cousas.
Preutz/Wihlborg/Braasch/Karlsson

Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti
Material
Boa resistencia aos impactos
A porcelana de feldespato resiste golpes e impactos mellor que calquera outro tipo de cerámica. Por este motivo, os produtos de porcelana de feldespato presentan menos grosor que os de louza ou barro, polo que son máis lixeiros e resistentes, á parte de aptos para o lavalouzas. Unha combinación moi práctica.
Calidade
Resiste o uso frecuente
A vaixela IKEA 365+ está fabricada con porcelana de feldespato coidadosamente seleccionada, polo que é moi robusta, duradeira e resistente aos golpes. Isto significa que podes utilizala a diario durante moitos anos, sen que perda o seu brillo e cor naturais, e sen ter que preocuparche de que rompa. Tamén podes lavala no lavalouzas e seguir tendo a seguridade de que envellecerá estupendamente.
Funcionalidade
Fácil de usar e gardar
A vaixela IKEA 365+ serve para todo tipo de ocasións e comidas. As pezas tamén son fáciles de usar e teñen múltiples usos. Os cuncos, por exemplo, son perfectos tanto para servir como para comer. A vaixela tamén está deseñada para que sexa cómoda de soster na man e de gardar, xa que a maioría das pezas son apilables. Práctica, os 365 días do ano!






