







HOPPVALS Estor celular, branco, 100x155 cm
Escolle tamaño
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Recoller 5 puntos con
Podes cambiar de opinión
Podes baixar o estor tanto como necesites, xa sexa para gañar privacidade ou para impedir que che moleste a luz do sol. Este estor branco filtra os raios achegando unha iluminación suave ao interior.
O tecido reduce o paso de luz e os reflexos. Proporciona unha agradable sensación de privacidade grazas á súa opacidade. Pola noite, é posible percibir siluetas dende o exterior se a estancia está iluminada.
As celas en forma de panal de abella atrapan o aire e transfórmano nunha barreira illante entre a xanela e a estancia, o que dá como resultado unha temperatura interior máis estable e agradable.
Este estor é máis seguro para os cativos, xa que o cordón queda agochado.
Pódese montar na parede ou no teito.

Opinións dos clientes
Accesorios para HOPPVALS
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti
Funcionalidade
O tecido reduce o paso de luz
O tecido atenúa a cantidade de luz que entra na estancia e reduce os reflexos. Crea unha agradable sensación de privacidade, xa que non deixan ver desde fóra o que hai dentro. Pola noite, cando a estancia está iluminada, é posible percibir as formas e siluetas do interior desde fóra.
Calidade
Maior seguridade nas xanelas
Os nenos son as persoas máis importantes do mundo e o fogar debe ser o lugar máis seguro para eles. Por iso IKEA comprometeuse a eliminar os produtos para xanelas que leven cordóns e a deseñar mellores solucións. Non só os cordóns son inaccesibles para os nenos ou non existen, senón que ademais os materiais e os produtos foron sometidos a estritas probas de seguridade. IKEA pode afirmar con orgullo que agora os artigos para xanelas son mellores e máis seguros.



