Saltar
Máis de Serie FRILLESBO
Novidade

FRILLESBO Microondas integrado, IKEA 300 cor acinox

249€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • 5 ano de garantía

O microondas integrado FRILLESBO, IKEA 300, combina un elegante deseño de aceiro inoxidable con funcións básicas como desconxelar, quentar e requecer, o que axuda a reducir o desperdicio de alimentos e dálle unha segunda oportunidade ás sobras.

Número de artigo906.002.48

Sen sorpresas agochadas. A garantía de 5 anos está incluída no prezo. Consulta a información na documentación de garantía.

Alegraráche contar cun destes cando aparece fame. Con el poderás fundir chocolate para facer unha torta, desconxelar a cea ou requentar os restos de comida nun chiscar de ollos, só é necesario premer un botón.

Incorpora os bos hábitos á rutina cotiá da túa casa coa axuda dun microondas integrado. Nunca foi tan fácil requentar os restos de alimentos e reducir os reboutallos.

Función de inicio rápido para quentar alimentos nun intre, en especial bebidas.

Opinións dos clientes

3Recensión: 3 de 5 estrelas. Revisións totais: 2Valoración media
2Opinións
3Recensión: 3 de 5 estrelas. Revisións totais: 2Valoración media
2Opinións

Accesorios para FRILLESBO

Produtos relacionados

Recomendado para ti

FRILLESBO Microondas integrado, IKEA 300 cor acinox

Probas esixentes para os heroes da cociña

Os fornos, fogóns, frigoríficos e outros electrodomésticos da cociña sofren un uso intensivo. Día tras día, ano tras ano, espérase deles que sexan fiables e que che faciliten a vida. Para garantir que os nosos produtos cumpren estas premisas, pasan por un laboratorio de probas acreditado especializado en electrodomésticos.

Un aroma a madalenas acabadas de facer atravesa a ampla estancia. Porén, non é hora da pausa do café. Só son Sven-Ingvar Jonahsson e o seu equipo probando un forno. "Nesta proba, estudamos a uniformidade coa que se douran e canto aumenta o volume das madalenas. Queremos asegurarnos de que o forno cumpre de verdade o que esperamos".

As respostas están nas probas estandarizadas

No laboratorio de probas de Älmhult (Suecia), examinamos os produtos antes de engadilos á nosa gama. O equipo leva a cabo probas detalladas tendo en conta as normas e requisitos legais aplicables, o que inclúe dende a funcionalidade e durabilidade ata a seguridade, entre outros aspectos. "Por exemplo, para os fogóns e fornos levamos a cabo probas de estrés levando ao máximo a temperatura do forno e do fogón. Tamén medimos a temperatura dos armarios de cociña circundantes a fin de asegurarnos de que non se produce un sobrequecemento". Moitas das probas esixen simular as duras condicións reais ás que estarán sometidos os electrodomésticos no uso cotián. "De media, a porta do frigorífico ábrese 80 veces ao día, polo que facemos probas para asegurarnos de que isto non afecte á temperatura interior".

Produtos seguros para a vida no fogar

Outro aspecto relevante das probas inclúe a análise de riscos, é dicir, asegurarse de que os frigoríficos non envorquen ao abrir os caixóns, que non aplastes os dedos coa porta do forno e que a lavalouza non teña bordos afiados. Entón, que sucede se un produto non está á altura dunha esixencia determinada? "Nese caso, o provedor debe examinar e arranxar o problema antes de repetirmos as probas", explica Sven-Ingvar, antes de marchar a unha sala especial na que se proban os niveis sonoros e as capacidades de succión de todos os ventiladores. A sala ten o tamaño dunha cociña pequena, igual que na casa.

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Serie FRILLESBO