Saltar
Novidade

FÖRTOFT Frigorífico/conxelador, IKEA 500 cor acinox, 216/118 l

699€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
FÖRTOFT
006.439.64

Cunha clasificación de clase A, este frigorífico-conxelador independente maximiza a eficiencia enerxética e mantén os alimentos frescos e en bo estado. Ten un amplo espazo de almacenaxe e, cun silencioso nivel de 29 dB, é ideal para cociñas diáfanas.

Máis información
FÖRTOFT Frigorífico/conxelador, IKEA 500 cor acinox, 216/118 l

As túas olladas

Ideas suxeridas polos produtos que viches fai pouco

Produtos relacionados

Recomendado para ti

FÖRTOFT Frigorífico/conxelador, IKEA 500 cor acinox, 216/118 l

Mantén a túa comida refrixerada con tecnoloxía de baixo consumo

É probable que tamén te decatases de que o frigorífico e conxelador son os aparellos que máis enerxía consomen no fogar. Isto faise especialmente obvio a medida que sobe a factura da luz. Porén, a tecnoloxía de baixo consumo sempre foi cara e os produtos enerxeticamente máis eficientes de clase A non estiveron ao alcance da maioría das persoas. Ata agora.

Co frigorífico/conxelador FÖRTOFT, podes refrixerar a túa comida, e conxelar os custos. Göhkan Apaydin é un dos nosos enxeñeiros que traballou cun provedor para facelo posible. "O mellor de todo é que un prezo baixo, combinado cun consumo reducido de enerxía, permíteche recuperar o investimento no electrodoméstico máis rápido ca antes".

Cada compoñente conta

A eficiencia enerxética dun frigorífico e conxelador depende de dúas cousas: o illamento e o compresor, que é a peza que acciona o circuíto de refrixeración e mantén a comida fresca. "Para obter o mellor efecto posible, centrámonos nestes dous aspectos e buscamos os mellores compoñentes ao prezo máis baixo posible". No compresor, o equipo levou a cabo tanto axustes mecánicos como melloras electrónicas no control, o "cerebro" do compresor. Isto deu como resultado un compresor máis eficiente que consume menos enerxía e que é máis silencioso. "Tivemos un bo momento. Os prezos de varios compoñentes chave baixaran, o que posibilitou solucións que anteriormente eran moi caras".

Mellor refrixeración con menos materiais

Tradicionalmente, os frigoríficos e conxeladores illábanse con escuma de poliuretano, un material groso e ineficaz. No noso caso, escollemos paneis finos de illamento en baleiro. "Trátase dunha tecnoloxía eficiente, xa que o baleiro apenas conduce a calor, polo que é preciso menos enerxía para manter unha temperatura estable". Grazas ás paredes finas, mais ben illadas, tamén gozarás de máis espazo para todo o que queiras manter refrixerado, dende os restos da semana ata o copioso guiso da fin de semana.

Consigue o estilo

Ideas suxeridas por produtos que viches hai pouco

Máis de

Accesorios para FÖRTOFT