Saltar
Máis de Colección BRÄNNBOLL

BRÄNNBOLL Poltrona gaming inflable, laranxa claro

49€

Escolle cor:

Laranxa claro
  • Mostra unha cadeira de salón inchable laranxa chamada BRÄNNBOLL. A súa forma redonda e o deseño de tecido de malla garanten confort e portabilidade.
  • Cadeira redonda inchable verde brillante, perfecta para asentos acolledores. Feito de tecido con patrón de malla, ofrece confort e apoio.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
BRÄNNBOLL
905.862.85

Dille ola á poltrona inflable BRÄNNBOLL! Cunha destas e un pouco de aire que lle deas coa bomba que inclúe poderás crear fácil e rapidamente un lugar onde botar comodamente unhas partidas.

Máis información
BRÄNNBOLL Poltrona gaming inflable, laranxa claro

Opinións dos clientes

3.6Recensión: 3.6 de 5 estrelas. Revisións totais: 61Valoración media
61Opinións
3.6Recensión: 3.6 de 5 estrelas. Revisións totais: 61Valoración media
61Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Cadeira BRÄNNBOLL laranxa, popcorn, controlador. Planta, soporte de televisión.

Preparados para botar unha partida e para todo o que a maiores veña

Na actualidade, botar unha partida aos videoxogos ofrece moitas posibilidades: podes xogar nunha plataforma, só ou en compañía e en case calquera estancia da casa. Con BRÄNNBOLL queriamos crear unha colección de mobles e accesorios que se adaptase ao mundo gaming de hoxe, pero cun toque caseiro.

Philip Dilé, desenvolvedor de produtos, encargouse de estudar as novas necesidades dos gamers. As súas conclusións foron que estes produtos debían satisfacer as necesidades do mundo gamer e mellorar a experiencia, pero tamén debían ser aproveitables de máis maneiras cando non se estivesen a usar para a súa finalidade orixinal. Especialmente cando gamers e non gamers viven xuntos e os espazos non son precisamente amplos. "Por iso é tan importante a posibilidade de cambiar de actividade facilmente. Todo se reduce a dúas cousas: deseño e prestacións", di Philip. "As pezas flexibles e móbiles son unha parte importantísima, como importante é o aspecto tamén".

Non todo ten que ser negro

O noso equipo de deseño púxose mans á obra. Unha das integrantes, Marta Kuprińska, deixouse levar pola súa intuición. E que viu? Cores. "Quería algo atrevido. No caso da poltrona, mesmo quería ser un chisco rebelde. Cando o prototipo gris chegou da fábrica, ás caladas púxenlle unha funda azul claro e deixeina no departamento de deseño. Cando a viron, o resto do equipo sentiuse entusiasmado". "Pero se non che vai moito o azul, que saibas que tamén está dispoñible en gris escuro", di Marta rindo.

Todo o que necesitas

A colección BRÄNBOLL está pensada para satisfacer distintas situacións domésticas. A idea non pasa por acumular cousas e cousas. A idea é encontrar o equilibrio exacto. "Como no caso da poltrona. Pódela usar como usarías unha poltrona calquera, ou para botar unha partida tranquilamente. Ademais, esta inclúe rodas, polo que a podes levar contigo onde queiras", di Marta. Non é necesario ser un gamer para adorar e utilizar estes produtos. O certo é que non sabemos quen os usará, nin como. "E iso é o mellor. Encántame cando a xente utiliza os nosos produtos de maneiras insospeitadas".

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Colección BRÄNNBOLL

Accesorios para BRÄNNBOLL