Saltar
Máis de Colección BRÄNNBOLL

BRÄNNBOLL Butaca gaming, gris/amarelo vivo

99€

Escolle cor:

Gris/amarelo vivo
  • Cadeira de xogos BRÄNNBOLL, marco metálico amarelo, malla gris, deseño ergonómico.
  • Cadeira gris moderna, metal negro, axustable.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
BRÄNNBOLL
605.863.38

Unha cadeira sinxela e elegante que acompaña os teus movementos e coa que te sentirás parte da partida. Pódela inclinar para adiante ou para atrás, balanceala de lado a lado ou abalala para á fronte e atrás.

Máis información
BRÄNNBOLL Butaca gaming, gris/amarelo vivo

Opinións dos clientes

3.8Recensión: 3.8 de 5 estrelas. Revisións totais: 5Valoración media
5Opinións
3.8Recensión: 3.8 de 5 estrelas. Revisións totais: 5Valoración media
5Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Cadeira BRÄNNBOLL: amarelo brillante, pernas de aceiro inclinadas, costas de malla, grande, xunto a pequena mesa con lámpada e plantas.

Preparados para botar unha partida e para todo o que a maiores veña

Na actualidade, botar unha partida aos videoxogos ofrece moitas posibilidades: podes xogar nunha plataforma, só ou en compañía e en case calquera estancia da casa. Con BRÄNNBOLL queriamos crear unha colección de mobles e accesorios que se adaptase ao mundo gaming de hoxe, pero cun toque caseiro.

Philip Dilé, desenvolvedor de produtos, encargouse de estudar as novas necesidades dos gamers. As súas conclusións foron que estes produtos debían satisfacer as necesidades do mundo gamer e mellorar a experiencia, pero tamén debían ser aproveitables de máis maneiras cando non se estivesen a usar para a súa finalidade orixinal. Especialmente cando gamers e non gamers viven xuntos e os espazos non son precisamente amplos. "Por iso é tan importante a posibilidade de cambiar de actividade facilmente. Todo se reduce a dúas cousas: deseño e prestacións", di Philip. "As pezas flexibles e móbiles son unha parte importantísima, como importante é o aspecto tamén".

Non todo ten que ser negro

O noso equipo de deseño púxose mans á obra. Unha das integrantes, Marta Kuprińska, deixouse levar pola súa intuición. E que viu? Cores. "Quería algo atrevido. No caso da poltrona, mesmo quería ser un chisco rebelde. Cando o prototipo gris chegou da fábrica, ás caladas púxenlle unha funda azul claro e deixeina no departamento de deseño. Cando a viron, o resto do equipo sentiuse entusiasmado". "Pero se non che vai moito o azul, que saibas que tamén está dispoñible en gris escuro", di Marta rindo.

Todo o que necesitas

A colección BRÄNBOLL está pensada para satisfacer distintas situacións domésticas. A idea non pasa por acumular cousas e cousas. A idea é encontrar o equilibrio exacto. "Como no caso da poltrona. Pódela usar como usarías unha poltrona calquera, ou para botar unha partida tranquilamente. Ademais, esta inclúe rodas, polo que a podes levar contigo onde queiras", di Marta. Non é necesario ser un gamer para adorar e utilizar estes produtos. O certo é que non sabemos quen os usará, nin como. "E iso é o mellor. Encántame cando a xente utiliza os nosos produtos de maneiras insospeitadas".

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Colección BRÄNNBOLL

Accesorios para BRÄNNBOLL