Saltar
Máis de BILLY serie

BILLY Libraría, marrón efecto nogueira, 80x28x202 cm

69,99€

Escolle cor:

Marrón efecto nogueira
  • Estante branco BILLY, seis estantes baleiros, de forma rectangular, deseño minimalista, feito de taboleiro de partículas e papel de melamina.
  • Libraría BILLY, marrón claro, 5 estantes axustables.
  • Libraría BILLY, marrón, madeira, rectangular, unidade de cinco estantes, deseño sinxelo.
  • Libraría BILLY negra con estantes axustables, gran de madeira natural.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

A librería BILLY é unha icona moi querida que nunca pasa de moda. Grazas á versatilidade que ofrece, poderás darlle mil usos distintos na casa, independentemente de se a utilizas para gardar os teus libros ou artigos de uso cotián.

BILLY Libraría, marrón efecto nogueira, 80x28x202 cm
DeseñadorGillis Lundgren
Número de artigo505.086.52

BILLY é unha libraría versátil que funciona igual de ben como moble de almacenaxe, polo que poderás usala de moitas maneiras distintas.

Os andeis pouco profundos e axustables axudaranche a personalizar a túa libraría BILLY e permitiranche usala como máis che conveña: para gardar obxectos do día a día, recordos ou outras cousas que colecciones.

BILLY ten un deseño sinxelo e atemporal que podes personalizar se engades caixas, iluminación e os teus obxectos favoritos.

Fai que todo sexa aínda máis persoal e engádelle portas, o que che permitirá expoñer e agochar as cousas segundo as túas necesidades. Deste xeito, a libraría BILLY poderá adquirir novas funcións e un novo aspecto dependendo do teu estilo de vida.

Opinións dos clientes

4.6Recensión: 4.6 de 5 estrelas. Revisións totais: 3059Valoración media
3059Opinións
4.6Recensión: 4.6 de 5 estrelas. Revisións totais: 3059Valoración media
3059Opinións

Accesorios para BILLY

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Sala de estar moderna con estante BILLY, sofá beige, mesa de café negro e parede con patróns xeométricos.

Un heroe da almacenaxe mellorado

A librería BILLY leva 40 anos sendo unha das favoritas dos nosos clientes. Porén, incluso o máis cotizado precisa dunha actualización ocasional para ir cos tempos. Estivemos a darlle voltas e ocorréronsenos algunhas ideas. Unha delas relacionada cun uso máis efectivo dos materiais e a outra con facer desta nosa librería un obxecto máis fácil de montar e desmontar.

"BILLY naceu en 1979 e leva axudadas a moitas persoas a organizaren os seus libros e obxectos. Pero o mundo cambiou moito dende aquelas e mesmo os mobles máis populares precisan dun lavado de cara para adaptarse ás novas esixencias e novos estilos de vida", di Umut Ates, un dos nosos colaboradores.

O papel esixe un uso intelixente das materias primas

No canto dunha fina capa de chapa de madeira, BILLY agora ten unha superficie dura de folla de papel. "A folla ten distintos padróns impresos parecidos á madeira, o que permite aforrar nese material á hora de facer cada BILLY", di Umut. Ao utilizarmos materiais só onde son estritamente necesarios estamos a facer un uso efectivo dos recursos. "E ten outro aspecto positivo, porque fai que as BILLY sexan máis económicas".

Máis fácil de montar e desmontar

BILLY queda de marabilla en calquera peza da casa: no despacho, na sala de estar ou na biblioteca, porque é moi fácil de combinar con outros mobles. Porén, onde máis destaca é á hora de montar e desmontar. "Antes había que cravar 50 puntas para asegurar o panel posterior. Por sorte, iso xa é historia e agora podes poñelo sen utilizar ningunha ferramenta", explica Umut. Tampouco terás ningún problema se algún día queres cambiala de sitio ou revendela. "Estas melloras fan que as librerías BILLY sexan máis adaptables aos cambios, e que non che sorprenda se dentro de 40 anos é tan popular coma hoxe".

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Librerías BILLY