Saltar
Máis de BERGMUND serie

BERGMUND Cadeira, negro/Glose negro

129€
Para evitar riscadas na superficie, completar con protectores adheridos ao chan TRIXIG, véndense por separado.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
BERGMUND
704.519.99

As cadeiras de comedor da serie BERGMUND ofrecen unha comodidade acolchada e moitas opcións de fundas, como esta en elegante coiro negro.

Características do produto
  • Madeira maciza
  • Probado para: 110 kg
  • Apto para negocios
Máis información
Cadeira de comedor de coiro negra con pernas de madeira baixo unha mesa sobre unha alfombra tecida.

Opinións dos clientes

4.7Recensión: 4.7 de 5 estrelas. Revisións totais: 39Valoración media
39Opinións
4.7Recensión: 4.7 de 5 estrelas. Revisións totais: 39Valoración media
39Opinións

Accesorios para BERGMUND

As túas olladas

Ideas suxeridas polos produtos que viches fai pouco

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Cadeira de coiro negro de alta calidade. Deseño elegante, pernas robustas e asento e respaldo cómodos acolchados.

Sobremesas máis cómodas

A cadeira BERGMUND foi creada para gozardes das sobremesas con máis sosego, sen dores nin cambras nas pernas nin costas. Para crear este produto estudamos o corpo humano, o que nos levou a desenvolver unha técnica nova para conseguir un asento realmente cómodo.

Sentar é practicamente o contrario de estar en movemento, mais o certo é que aquí entran en xogo desde ósos e músculos, ata tendóns, cartilaxe e articulacións. "Para ficar sentada ou sentado durante máis tempo é importante que o corpo descanse e estea ben apoiado, no punto exacto", explica o deseñador de materiais Anders Bergner.

Coxas, traseiro e cadrís

Con BERGMUND, Anders e o seu equipo estudaron como podían mellorar a forma do asento e encontrar o ángulo óptimo entre asento e respaldo. Este proceso deu como resultado varios descubrimentos interesantes sobre o corpo humano, por exemplo, que os ósos do traseiro, os cadrís e as coxas son realmente moi similares independentemente da persoa. "É verdade, tanto ten que a persoa mida 1,85 ou que sexa moito máis baixa. Por iso, á parte inferior do asento en formato cuncha démoslle unha forma que se adapta a 99% da poboación mundial".

A innovación abre camiño a máis confort

O poliéster no acolchamento do asento e do respaldo está composto de pequenas fibras verticais que ofrecen unha mellor elasticidade en comparación con aqueloutras fibras que están máis enmarañadas. Anders e o seu equipo deseñaron unha técnica innovadora para mellorar a comodidade do asento e, para conseguilo, déronlle forma ao seu acolchamento. "É algo así como facer un gofre. Introducimos as fibras de poliéster nunha ferramenta especial que as aperta e lles dá a forma correcta. Após varios anos de traballo, Anders ten a esperanza de que con BERGMUND as persoas se sintan máis cómodas e celebren máis momentos de ledicia xuntos. "Canto máis cómodas e relaxadas estean todas as persoas ao redor da mesa, mellor o pasarán".

Consigue o estilo

Ideas suxeridas por produtos que viches hai pouco

Máis de BERGMUND serie