Vantaxes de ser da Rede IKEA para Empresas
Este é un espazo especial para ti e para a túa empresa. Dende aquí, poderás acceder a ofertas, servizos e vantaxes adaptados ás túas necesidades. Únete agora á Rede IKEA para Empresas e descubre todos os beneficios que farán que creza o teu negocio!

Temos un novo beneficio que recompensa as túas compras
As túas compras suman
As túas compras suman é a vantaxe principal da Rede IKEA para Empresas: unha recompensa periódica que recoñece as túas compras habituais como negocio.
Outras vantaxes exclusivas
Non esquezas pasar a túa tarxeta para beneficiarte de todas as vantaxes da Rede!
Ofertas exclusivas
Pertencer á Rede IKEA para Empresas significa non perder ningunha oferta. O teu negocio terá acceso aos descontos exclusivos e ás ofertas do club IKEA Family.
Servizo completo de deseño de interiores
Tíralle o máximo partido ao teu espazo co noso servizo de deseño de interiores a un prezo especial de 99€ (prezo habitual: 149€) para espazos de menos de 150 m2, e de 149€ (prezo habitual: 199€) se teñen máis de 150 m2. E, se o prefires, podemos traballar a distancia!
Servizos de planificación para a túa empresa
Reserva unha cita gratuíta por videochamada cos nosos especialistas, e axudarémosche a buscar a mellor proposta para o teu negocio, a xestionar o teu pedido ou a resolver calquera dúbida. Estamos contigo en todo momento!
E moito máis para a túa empresa!
Accede ao teu historial de compras e transaccións.
No teu perfil persoal, terás aceso a todos os tíckets das compras que realices coa túa tarxeta da Rede IKEA para Empresas.
Invita ao teu equipo
Podes invitar ao teu equipo a que se una á Rede IKEA para Empresas. Deste xeito, poderedes realizar todas as vosas compras en IKEA cunha única conta de empresa.
Non perdas nada: asegúrate de iniciar sesión
Cando visites IKEA.es, lembra identificarte sempre. Ao iniciar sesión, asegúraste de que se rexistran todas as túas accións e de que non perdes ningunha das vantaxes e ofertas.
Toda a inspiración para o teu negocio
Ideas para cada tipo de negocio
Cada negocio é diferente, e, segundo o sector, as necesidades cambian por completo. Temos unha galería de ideas para cada un deles, na que atoparás toda a inspiración que procuras para a túa empresa.

