Saltar

IKEA para Empresas

Iluminación que destaca o lado divertido da túa marca

Libera a túa creatividade e ofrécelles aos teus clientes, visitantes ou compañeiros un tema de conversa coas lámpadas de mesa e de parede intelixentes e axustables VARMBLIXT. Ao engadir dúas ou máis lámpadas de parede VARMBLIXT a un sistema como o hub DIRIGERA, podes controlalas e personalizalas facilmente: escolle cores, cambia de luz cálida a fría, axusta a intensidade e acende ou apaga a lámpada. Fai que todas teñan a mesma cor. Cambia as cores cada hora, día ou mes. Convérteas en letras ou números. Atenúa a luz pola noite. Son detalles versátiles e memorables que poden axudarte a fortalecer a túa marca. 

Crea unha conta IKEA para Empresas

IKEA para Empresas é a vía para crear unha relación máis persoal e personalizada con IKEA. Coñecer as túas necesidades e retos permítenos crear un mellor día a día xuntos, para ti e maila túa empresa. Únete agora: podería ser o comezo de algo marabilloso.

Crear unha conta é gratis. Como cliente rexistrado, recibirás ideas e comunicacións pertinentes, e ofertas relevantes adaptadas ao sector específico do teu negocio. Ademais, poderás convidar outros colegas a unirse á conta de empresa para gozaren tamén dos mesmos beneficios.

Dámosche a benvida a IKEA para Empresas!

Un vídeo sobre as pantallas acústicas MITTZON que reducen o ruído e axudan a concentrarse no traballo.

Reduce o ruído, aumenta a concentración

Conversacións sobre a fin de semana, unha charla rápida sobre a presentación de hoxe ou alguén almorzando na súa mesa. Todo forma parte do ritmo do lugar de traballo. Ás veces, ese ritmo pasa a ser unha distracción. Antes de que te decates, xa perdiches a concentración. A nosa variedade de produtos acústicos MITTZON pode axudarche a crear un oasis de tranquilidade en medio dunha oficina atafegada e devolverte a concentración.

Velaquí a variedade de produtos acústicos MITTZON
Un escritorio claro con artigos de escritorio e accesorios de oficina dispersos pero colocados de xeito simétrico.

Obtén axuda especializada para planificar o teu espazo

IKEA ofrece un servizo integral de deseño de interiores para todas as túas necesidades empresariais. Así que, para todo o que precises, dende ideas de iluminación ata consellos de almacenaxe, ao noso equipo cualificado de deseño de interiores encantaralle axudarte.

Vídeo dunha sala de descanso dunha oficina na que as estruturas e mesas pregables MITTZON crean un espazo pechado.

Divide a oficina para unir o persoal

Cando a oficina é máis que un lugar de traballo, precisa unha renovación. Esta oficina conta cunha solución que a converte nun lugar onde o persoal pode ser máis produtivo e encherse de enerxía e inspiración.

Catro ideas para crear salas de descanso incribles

Contacta co equipo de IKEA para Empresas hoxe mesmo

Como cliente de empresa, podes facelo todo, pero non tes por que. Ofrecémosche axuda persoal durante todo o proceso de compra, dende a planificación ata a montaxe, sen esquecer o envío.

Ponte en contacto connosco

Antes de mercar

Estas solucións conteñen unha mestura de artigos deseñados para un uso doméstico e non doméstico. Comproba que as túas compras cumpren as normativas e son axeitadas para o uso previsto na túa zona. Contacta con IKEA para Empresas para obter máis información sobre a gama.

Planificación e asesoramento

Asesoramento personalizado facilitado por especialistas

Máis información

Opcións de pagamento

Como pagar, na tenda e mais en Internet

Máis información

Entrega e retirada

Adeus ao vello para abrir camiño ao novo

Máis información

Montaxe

Un servizo profesional, no fogar ou no traballo

Máis información