Saltar

Xardíns en tarros

Un xardín para os que non saben de xardinaría. Os mellores perfumes veñen en frascos pequenos, algo que tamén pode dicirse dos xardíns en miniatura máis fermosos. Os xardíns en tarros son o antídoto perfecto para o ritmo tan acelerado deste mundo. Reparar nos seus marabillosos detalles e coidar do xardín no tarro é unha marabilla. A mellor parte? O mantemento é moi sinxelo.

Localización: Sala de estar
Momento do día: Mañá
Duración: 10 minutos, unha vez á semana

Crea unha xungla en miniatura nun tarro.

Unha muller e un home e decorando tarros de vidro con terra en plantas.
Unha muller e un home ao redor dunha mesa de comedor con material de xardinaría encima.

Como facer terrarios en botes

​Nun mundo tan acelerado, coidar das plantas é unha actividade física tranquila que fai que nos sintamos máis relaxados e conectados coa natureza. Cultivar o teu propio xardín nun tarro permíteche gozar da túa paixón sen ter que ocuparte demasiado polo espazo. Ao evitar a evaporación rápida, o vidro crea unha zona climática tan diminuta como fascinante. Abonda con que uses unha tapa para viaxares sen preocupacións, xa que poderás deixar as plantas desatendidas durante un período determinado. E sobre todo, os xardíns en tarros son tan fermosos que te porás de bo humor cada vez que mires para eles.

 

  • Usa un tarro grande dabondo como para que caiban diferentes plantas. Un modelo máis grande, como o tarro IKEA 365+, tamén facilita o mantemento e o acceso.
  • Recomendámosche unha tapa para pechar o tarro, xa que algunhas plantas precisan dunha contorna máis húmida. Se a usas, tamén poderás regar o xardín con menos frecuencia.
  • Escolle ben as plantas. Lembra que o mellor é que requiran condicións de cultivo similares. Engádelle un pouco de terra e pedregullo; despois, coloca as plantas coas pinzas para servir OSTBIT, que che permitirán colocalas na posición precisa.
  • Xa só che queda gozar coidando o teu xardinciño. Terás que regalo un pouco. Podes usar o pulverizador de plantas SESAMFRÖN para evitar o exceso de auga.
  • De cando en vez, poda as follas coas tesoiras MÄRKBART e cambia a súa forma. Tamén pode ser divertido engadirlle algún adornos. Por que non fas algúns cambios segundo a tempada?

Crea un xardín nun tarro que reflicta a túa personalidade

Do mesmo xeito que un xardín grande tradicional, un xardín pequeno nun tarro tamén pode expresar a túa singularidade. Á hora de crealo, elixe detidamente as plantas e vai con tino ao colocalas. Coas pinzas OSTBIT, podes mover as plantas e os adornos con delicadeza e precisión.

Unha man tapando un tarro de vidro cunha tapa de bambú IKEA 365+.
Unha muller usando unhas pinzas para colocar un escallo nun xardín nun tarro.

Todo o que precisas para crear un xardín nun tarro por só 14,96€

Crea un xardín nun tarro por só 14,96€. Faite con todos os elementos básicos para crear un momento especial. Empeza por este sinxelo ritual diario.

Coidado e mantemento sinxelos

Os terrarios en botes non precisan moita atención, pero todas as plantas haberanche agradecer todos os coidados que lles deas. Con ferramentas de xardinaría cómodas e elegantes, como o pulverizador de plantas SESAMFRÖN e as tesoiras MÄRKBART, podes integrar as tarefas de xardinaría no teu día a día.

Unha muller usando un pulverizador de plantas SESAMFRÖN para regar unha planta nun xardín nun tarro.
Un home recortando as follas dun xardín nun tarro cunhas tesoiras MÄRKBART.
Para nós, é o primeiro paso para crear o noso futuro xardín.

Gabriela e Morali@happyplantistcl en Instagram