Sesión de improvisación
Non se necesitan pulseiras. Converte a sala de estar nun concerto acústico. Reunirse cos amigos para tocar música xuntos crea recordos inesquecibles. E sen facer cola para o baño nin ter que saír correndo cara ao escenario.
Localización: Sala de estar
Momento do día: Tarde
Duración: 4 horas, unha vez ao mes
Convida os teus amigos a unha sesión de improvisación.


- Páxina de información do produto
Como organizar o teu propio festival de música sen saír da casa
Os estudos demostran que temos unha parte específica no cerebro dedicada a procesar a música. Trátase dunha parte que conecta a música con recordos especiais e momentos importantes da nosa vida. Escoitar música, ou tocala, libera endorfinas e dopamina, unha combinación perfecta para que te sintas de marabilla. Facer música con outras persoas implica creatividade e autoexpresión, e fomenta a confianza.
- Empeza por preparar o ambiente. As grilandas luminosas UTSUND son o mellor xeito de creares un ambiente festivo.
- Despois, distribúe varias candeas pequenas GLIMMA polo cuarto. Non esquezas seguir sempre as recomendacións de uso seguro. Gozarás dun ambiente cálido e acolledor coa máxima seguridade.
- Compartir é demostrar agarimo. Convida os teus amigos á túa casa e, por que non, pídelles que traian petiscos para compartir. Música, comida e momentos marabillosos xuntos.
- Deixa que a música cobre vida. Empeza a cantar unha canción, móvete ao ritmo da música e goza.
Hai días bos e días xeniais. Só preciso música e bos amigos.”
Lour@lour.bl en Instagram