Obsesión polos tarros de sopa
Os tarros con comida facilítannos a vida. Prepara ramen, sopa de miso ou calquera outra cousa que caiba nun tarro. Bota verduras frescas, fideos, unha pastilla de caldo e calquera outra cousa que teñas na neveira. Prepáraa pola noite para tela lista á hora de comer. Cando chegue o momento do xantar, só terás que engadirlle auga quente.
Localización: Cociña
Momento do día: Tarde
Duración: 30 minutos, unha vez á semana
Prepara un xantar para levar.


- Páxina de información do produto
Como preparar o xantar de toda a semana
Preparar o xantar de toda a semana con antelación permíteche dispoñer de tempo para acadar os teus obxectivos e quitar problemas de enriba. Pouco esforzo para un xantar ao grande. Cociñar en grandes cantidades fará que o teu día a día sexa máis levadío e saudable, xa que, en lugar de ter que recorrer á comida rápida, comerás comida caseira. Prepara a túa sopa na casa para aforrar cartos e usa recipientes de vidro reutilizables para aforrar recursos.
- Prepara o mesado cos tres tarros KORKEN para a vindeira semana. Lava e prepara as verduras que precises.
- Corta as verduras na táboa de cortar APTITLIG cos coitelos multiúsos UPPFYLLD. Usa os cuncos de preparación para separalas, así como para os residuos orgánicos.
- Engade pastas, caldo e aderezos cos medidores UPPFYLLD. Despois, engádelles fideos e pecha os tarros.
- Garda os tarros na neveira para que estean listos cando os precises.
- Cando teñas fame, só terás que engadirlle auga quente e esperar uns minutos para ter unha sopa de fideos instantánea.
Ese clic do metal do tarro que indica que xa tes lista a comida de mañá é moi satisfactorio.”
Leah@leedeleels_ en Instagram