Cores para o teu benestar
Na túa era das cores. Rodéate de cores que teñan un efecto positivo no corpo e a mente. Fai unha pausa para meditar e centrarte en ti mergullándote na tonalidade que mellor te axude a acadar o estado de ánimo que precisas cada día.
Localización: Dormitorio
Momento do día: Calquera
Duración: 15 minutos, a diario
Engádelle un filtro ao teu estado de ánimo.


Como facer cromoterapia na casa
A cromoterapia baséase na idea de que a cor e as luces de cores poden axudar a tratar as doenzas físicas e os problemas de saúde mental. As luces de cores poden afectar o corpo, o nivel de dor e o estado de ánimo. A meditación con luces de cores pode mellorar o teu benestar mental. Cada cor ten un efecto diferente e, ao usar luces de distintas cores, podemos estimular novas emocións.
Crea un espazo tranquilo, escuro e cómodo para meditar durante cinco minutos. Acende unha candea aromática JÄMLIK de vainilla e pon o altofalante VAPPEBY e a botella de auga IKEA 365+ preto, xa que a hidratación é fundamental. Cambia as cores das luces seguindo os tons do amencer ao solpor para intentar vivir en consonancia coa natureza.
- Pola mañá: pon os pés na terra. Inhala dúas veces polo nariz e exhala unha vez amodo pola boca. Elixe cores como o rosa, morado ou azul e acompáñaos de música animada.
- Pola tarde: análise corporal. Exhala rapidamente polo nariz, poñendo a traballar os músculos da barriga, e inhala polo nariz. Opta por unha luz branca, cor óso e amarela xunto con música alegre que te reconforte.
- Pola noite: sinte gratitude. Inhala polo nariz durante tres segundos e despois exhala durante seis. Fai unha pausa de tres segundos. Elixe unha luz vermella, laranxa ou amarela e combínaa con sons binaurais para te relaxares.
Teño a capacidade de cambiar as miñas emocións. A cor é un xeito de facelo.”
Amanda@earth.witch.wellness en Instagram