Saltar

Agarimos para a túa mascota

Chegou o momento do baño. Os spas de mascotas están moi ben, pero os spas na casa son outro nivel. Regálalle á túa mascota un día de spa na casa. Dálle un bo baño con auga con xabón e unha relaxante masaxe. Ao teu fiel compañeiro gustaralle tanto como a ti. É o mellor agasallo posible!

Localización: Baño
Momento do día: Mañá
Duración: 30 minutos, unha vez ao mes

Prepara un día de spa para a túa mascota.

Unha muller secando un can cunha toalla VÅGSJÖN amarela.
Unha muller botando auga coidadosamente sobre o seu can cun floreiro/regadeira ÄRTBUSKE.

Como regalarlle unha experiencia de spa á túa mascota

Un ritual de spa para o teu can dávos a ambos unha oportunidade para reforzar o voso vínculo, e demóstralle que o queres e o coidas. Ademais, aseguraraste de que teña unha boa hixiene e evitarás posibles problemas de saúde. Asealo e bañalo con regularidade fará que o seu pelo se manteña san e brillante. Pode ser unha actividade relaxante e desestresante para ti e para o teu canciño.

 

  • Prepara o ambiente. Enche a bañeira de auga quente, coloca unha alfombra de baño KÄRRKNIPPROT e ten á man unha toalla VÅGSJÖN e todos os produtos de aseo do teu can.
  • Frega suavemente o corpo da túa mascota cunha manopla exfoliante PRAKTPORTLAK empapada en xampú para cans. Permitirache chegar a todas as partes do seu corpo. Ademais de bañalo, daraslle unha masaxe en toda regra. Que gustiño!
  • Asegúrate de quitarlle toda a escuma do pelo cun floreiro/regadeira ÄRTBUSKE que che permita chegar a cada recuncho sen gastares moita auga.
  • Despois do baño, sécao cunha toalla suave.
  • Aproveita este momento para demostrarlle ao teu can o importante que é para ti. Para terminar co ritual, recompénsao cun momento de xogo.

Acabaron as rutinas: converte o coidado da túa mascota nun momento especial

O tempo coa túa mascota non debería converterse nunha rutina máis, senón en algo gratificante. As tarefas máis aburridas, como darlle un baño, poden ser divertidas con algúns cambios. Engádelle cor e diversión ao proceso co floreiro/regadeira ÄRTBUSKE en verde intenso, no canto de usar a típica regadeira ou a mangueira da ducha.

A man dunha persoa bañando un can nunha bañeira cunha manopla exfoliante PRAKTPORTLAK.
Unha muller botando auga coidadosamente sobre o seu can cun floreiro/regadeira ÄRTBUSKE.

Todo o que precisas para consentir a túa mascota por só 27,96€

Crea un día de spa para a túa mascota por só 27,96€. Faite con todos os elementos básicos para crear un momento especial. Empeza por este sinxelo ritual diario.

Regálalle unha mañá inesquecible á túa mascota

Consentirte sempre está ben, pero regalarlle un momento especial ao teu mellor amigo pode ser aínda mellor. Regálalle o tratamento dun spa de luxo ao teu can: faille masaxes suaves coa manopla exfoliante PRAKTPORTLAK, sécao coa delicada toalla VÅGSJÖN e crea un momento marabilloso para os dous.

Primeiro plano dun can e unha muller secándoo despois do baño cunha toalla VÅGSJÖN amarela.
Unha muller secando un can cunha toalla VÅGSJÖN amarela.
Cando coido do meu animal espiritual, ela cóidame a min.

Maria… e Camila@laviedemariiee en Instagram