Saltar

Rituais cotiáns para un mellor día a día

Aínda que os cambios poden ser abafantes, os nosos rituais cotiáns son todo o contrario. Porque os pequenos xestos que se repiten son os que teñen a capacidade de mudar a túa vida. Reserva un tempo para identificar as túas rutinas cotiáns e como afectan o teu benestar. Que podes facer para enriquecelas? Hai algún ritual que non fagas e que poida alegrar os teus días?

Para acadar grandes cambios, céntrate nas cousas pequenas.

Unha muller e un home xogando cun can sentados diante de varios estantes e armarios decorados con plantas.

Rituais para empezar o día con bo pé

Non hai nada coma empezar un novo día cun ritual de afirmación para encherte de enerxía e determinar os teus obxectivos. Non importa se cantas na ducha, preparas un almorzo saudable con froita e verdura, nadas en auga fría para espertar os sentidos ou das un paseo pola natureza... O que fagas pola mañá determina como vas afrontar o resto do día.

Rituais para empezar o día da mellor maneira

A medida que o día se volve máis esixente, é bo enfocar a enerxía mediante rituais que melloran o ánimo e alimentan a alma. Dende cantar para as plantas ata podar un bonsai, limpar cos cativos ou preparar a cunca de café perfecta (ou un bo prato de chulas se é domingo); estes rituais inspiradores pódense practicar durante o día e farante sorrir, pensar e sentir. 

Rituais para pasar unha tarde enriquecedora e reparadora

Encontrar un intre para acougar un chisco e volver a conectar cun mesmo e cos demais é unha práctica moi útil no medio dun día atafegado. Toma un descanso creativo para debuxar, colocar flores no teu fogar, prepararte unha cunha de té caseiro relaxante ou conectar cos teus amigos e veciños cuns doces e un café. Ter un obxectivo transmite benestar.

Rituais relaxantes para rematar o día

A noite é un momento ideal para xogar, crear e aprender cousas novas. Cando non hai que traballar, o que si hai é tempo para comer, socializar e divertirse. É un momento para gozar da compañía dos nosos amigos, conectar coas nosas mascotas e xogar cos nosos fillos. E tamén para cociñar comida saudable, cear e dedicar tempo aos nosos pasatempos e intereses. 

Rituais para durmir ben e espertar aínda mellor

A noite é un bo momento para relaxarse, reflexionar e prepararse para durmir ben. É a hora de parar, prender unhas candeas, meditar e coidar o corpo cun baño relaxante ou unha sesión de estiramentos. Para rematar o día, tamén podes preparar un almorzo saudable e aforrar tempo pola mañá ao día seguinte. 

Momentos IKEA para comezar o día da mellor maneira

A medida que o día se acelera, é hora de canalizar a nosa enerxía en rituais que levanten o ánimo e alimenten a alma. Dende cantarlles ás plantas ou podar un bonsai ata facer a limpeza cos nenos ou preparar a cunca de café perfecta (ou darte unha homenaxe o domingo pola mañá cunhas chulas): estes son os rituais diúrnos edificantes para rir, pensar e sentir. 

Rituais para pasar unha boa noite e unha mañá aínda mellor

A noite é o momento de relaxarse, reflexionar e prepararse para durmir ben. É cando baixamos o ritmo para acender as candeas, meditar e nutrir o corpo con baños relaxantes e sesións de estiramentos. E por que non terminar a noite preparando un almorzo saudable e ter un pouco máis de tempo para un mesmo pola mañá?