Saltar

Mercar en IKEA

Hai varios xeitos de mercar en IKEA. Algúns permítenche facelo dende a comodidade do teu fogar, aínda que sempre teremos un bocadillo de salchicha pronto para quen decida visitar as tendas IKEA. 

Unha bolsa azul chea de artigos IKEA e un aparador xunto a outros produtos IKEA

Descubre como mercar en IKEA e como IKEA pode chegar a ti, independentemente de que esteas a mercar en liña, a buscar atención ao cliente ou a planificar a casa dos teus soños.

Tendas IKEA, puntos de planificación e pedido e puntos de recollidaSitio web de IKEA | Aplicacións IKEA | Centro de atención ao cliente | IKEA para Empresas

Tendas IKEA, puntos de planificación e pedido, e puntos de recollida

Dende a cor dos armarios de cociña ata a altura das plantas de interior: con IKEA, ti tes todo o control. Nas nosas tendas e nos nosos puntos de planificación e pedido podes tocar e probar os nosos produtos, pedir axuda profesional a algún dos colaboradores IKEA e inspirarte.  

 

Nas nosas tendas máis grandes, podes mercar produtos para levalos á casa o mesmo día ou recoller os produtos que pediches en liña. Teñen todo o que precisas para pasar un día en familia: dende albóndegas ata unha zona de xogos para os máis pequenos. Incorporamos novas formas de mercar, como puntos de autoservizo onde podes buscar produtos e facer pedidos. Para aforrar tempo tamén podes rexistrar os produtos que vas devolver antes de visitar a tenda ou escanear previamente os produtos co teléfono para pagalos máis rápido.

 

En certas tendas, podes devolver os mobles que xa non queiras e vendelos no noso Mercado Circular a través do servizo de recompra e revenda.  

 

Nas tendas urbanas máis pequenas podes tocar e probar os produtos da nosa gama, pedilos para entrega ou recollida, recoller os produtos que pediches en liña nos puntos de recollida e mercar determinados produtos para levalos á casa o mesmo día.  

Sitio web de IKEA

Deixa que cho levemos á casa e merca en liña no sitio web de IKEA. Navega e inspírate, fai pedidos para recibir ou recoller produtos, xestiona a túa subscrición a IKEA Family e moito máis, todo dende a comodidade do teu fogar. Tamén podes utilizar o sitio web de IKEA para mercar na tenda. Proba a crear unha lista da compra e comproba a dispoñibilidade das existencias antes de visitar unha tenda IKEA. 

Aplicación de IKEA

Dende a planificación ata a compra: a nosa aplicación móbil pode darche ideas e facer que che resulte máis sinxelo botarlle unha ollada ao que hai en calquera lugar. Coa aplicación de IKEA, podes adquirir produtos directamente dende a aplicación ou usala na tenda para escanealos in situ e pagar de forma máis rápida e sinxela. Busca produtos, crea listas de compra ou inicia sesión na túa conta de IKEA Family.

Bótalle unha ollada ao catálogo esteas onde estiveres 

O noso equipo de Atención ao Cliente pode explicarche onde se coloca calquera parafuso e moito máis. Dende deseñar a casa ou o negocio dos teus soños ata mercar os mobles que precisas para decoralos: os/as colaboradores/as de IKEA están aí para ti. Contamos con todo un abano de servizos de compra, planificación e deseño a distancia aos que podes acceder dende a comodidade do teu fogar, así como cun equipo que che pode axudar cando tiveres todo pronto para comezar.

Descubre os nosos servizos de deseño e planificación en tenda, a domicilio e a distancia, e encontra o que mellor se adapte ás túas necesidades.

Precisas algo máis? Podes obter axuda personalizada para a túa compra dun dos nosos expertos en decoración e produtos para o fogar.

IKEA para Empresas

Para mellorar o día a día no traballo, IKEA para Empresas ofrece un abano de servizos personalizados e ferramentas de deseño.