Devolucións
Nesta páxina atoparás toda a información sobre como facer unha devolución en IKEA. Ás veces o produto que parecía perfecto para o teu fogar, oficina ou xardín resulta non selo tanto. Non te preocupes, ten solución!
Que produtos se poden devolver?
Devolución de produtos
Sabemos que aínda que non sempre se acerte dende o principio, os nosos produtos namoran. Por iso, dámosche 365 días para realizar as túas devolucións, sempre que os artigos estean no seu estado e a súa embalaxe orixinais.
Produtos IKEA que non se poden devolver
- Produtos personalizados.
- Compras realizadas no Mercado Circular.
- As tarxetas agasallo.
- Os servizos realizados.
- Produtos de alimentación frescos.
- Produtos de alimentación secos cunha caducidade menor ou igual á data na que se tramite a devolución, ou nos que non se mantivese a integridade da embalaxe ou do produto.
- Plantas naturais.
- Podes probar os nosos colchóns durante sete días, pero, se os queres devolver, non poderán estar deteriorados nin rotos, nin presentar manchas ou falta de hixiene.
- Os artigos que formen parte de promocións conxuntas e combinacións non admitirán devolucións parciais (dun dos produtos). Será preciso realizar a devolución do conxunto ou da combinación na súa totalidade.
Devolución de colchóns
Cremos que é importante que o teu novo colchón sexa cómodo e que che guste. Con IKEA, tes 7 días para decidir se estás satisfeito coa túa elección.
Unha vez aberto, para cambiar o teu colchón, só tes que traelo canda o teu tícket de compra á tenda IKEA que elixas; devolverémoscho nunha tarxeta de devolución. Se precisas contratar a recollida, contáctanos.
Porén, sempre estaremos dispostos a axudarte a escoller outro.
*Os colchóns sucios, manchados ou danados están excluídos da nosa política de devolucións IKEA; emprega sempre un protector de colchón para alongar a súa vida e protexelo.
Onde podo devolver o produto?
Podes realizar a túa devolución en calquera tenda IKEA que acepte devolucións ou solicitar a súa recollida no teu domicilio.
Tendas e espazos IKEA
Podes devolver o produto en calquera tenda IKEA, excepto IKEA Leganés e IKEA Torrejón, onde só podes devolver os produtos adquiridos na mesma tenda. Tés a información sobre que tenda ou punto de recollida admite devolucións no noso buscador de tendas.
Porén, non será posible realizar devolucións en:
- Tendas urbanas IKEA: IKEA Goya, IKEA La Vaguada e IKEA Fuencarral en Madrid, nin IKEA Diagonal e IKEA Glòries en Barcelona.
- Espazos de planificación IKEA: os nosos espazos de planificación están unicamente orientados á realización de deseños, pedidos e orzamentos.
- Puntos de recollida IKEA e puntos de recollida xestionados polos nosos fornecedores externos: nestes momentos non é posible realizar devolucións alí, aínda que algúns puntos de recollida IKEA ofrecen un servizo excepcional de devolucións para os pedidos recollidos nese mesmo punto.
Desde a casa
Solicita a recollida dos produtos a través do noso teléfono 900 400 922. Enviaremos un transportista para recoller o teu pedido ao enderezo que escollas. *O custo de retirada é de 39€
Pasos para realizar a devolución a domicilio:
- Contáctanos para realizar a xestión en Contactar - IKEA.
- Prepara os produtos. Lembra que os artigos deben estar nas súas condicións orixinais: coa embalaxe sen abrir, no interior da caixa, a funda ou o envoltorio, e sen montar (é dicir, non poden ter sido usados e deben estar completos e en perfecto estado).
- No caso de colchóns, para que a devolución sexa correcta, o colchón a retirar debe estar previamente embalado (o material non importa, sempre que quede completamente cuberto).
- Entrega o paquete ao transportista.O transportista que enviemos ao teu domicilio deberá verificar que a caixa non se abrise nin manipulase, e que a embalaxe orixinal se atope en perfecto estado e sen ningún dano (rota, rachada, sucia, con humidade
- ou manchas...).
- En caso de que a cita de devolución non se poida realizar por causas imputables ao cliente, o importe de 39€ non se reembolsará, e deberás contratar de novo o servizo cos seus custos asociados.
- O reembolso do importe satisfeito realizarase mediante transferencia bancaria.
* Só é aplicable dentro do territorio peninsular español.
A través de Correos
Se non podes acudir a unha tenda IKEA, sempre tes a opción de devolver os produtos pequenos a través dunha oficina de correo. As condicións para facer unha devolución nunha oficina de correo son as seguintes:
- Todos os artigos que queiras devolver deberán pertencer ao mesmo pedido ou tícket de compra.
- O peso total do paquete non poderá superar os 25 kg
- A embalaxe de cada paquete devolto non poderá superar as medidas máximas (78,5 cm x 55 cm x 39 cm)
- O custe do servizo é de 1€
Como podo facer a devolución por Correos?
- Prepara o produto.
- Reenche o formulario en liña (un por cada tícket, xa que a devolución realízase segundo o medio de pagamento orixinal).
- Recibirás un correo de confirmación cunha etiqueta de envío e un código QR. Non é preciso imprimir a etiqueta
- Leva o paquete a unha oficina de correo para completar a devolución. Podes usar este método de devolución independentemente de como mercases o produto (por Internet, en tenda ou de xeito remoto) e do tipo de entrega (con ou sen envío a domicilio).
Cancelar un pedido
No caso dos pedidos que aínda non se enviaron, podes realizar a cancelación dende a páxina de seguimento do pedido. Se non puideches realizar a cancelación, ponte en contacto co noso equipo de Atención ao Cliente.
Dereito de desistencia para compras en liña
Se realizaches a túa compra por Internet ou por teléfono, a lei concédeche un prazo de 14 días naturais dende a entrega para desistir do contrato, sen necesidade de xustificar o motivo e sen penalización.
- Podes abrir e montar o produto para comprobar as súas características.
- Se o uso excede o necesario para esa comprobación, poderemos aplicar unha dedución proporcional por diminución de valor, pero nunca negar a devolución dentro deses 14 días.
- O reembolso realizarase no mesmo medio de pagamento que utilizases, nun máximo de 14 días dende que recibamos o produto ou unha proba de envío.
* Este dereito é independente de calquera política comercial que ofrezamos.
Garantías IKEA
Confiamos na calidade dos nosos produtos. Queres saber máis? Consulta toda a información sobre as garantías que ofrecemos nos nosos produtos aquí.
Tes algunha pregunta?
Insire unha ou varias palabras clave na barra de busca para atopar resposta ás túas dúbidas nas nosas preguntas frecuentes.
Se desexas información sobre os nosos produtos, utiliza o buscador que se atopa na parte superior da web.
Se desexas consultar o estado do teu pedido, fai clic aquí.
Se precisas información sobre como funciona a sección de preguntas frecuentes, insire no buscador a palabra "Ola / Hej".