Devolucións e incidencias
Se desexas devolver algúns dos nosos produtos e non sabes como facelo ou queres información sobre a túa incidencia, nesta páxina atoparás todo o que precisas sobre como devolver os nosos artigos, a política de devolucións e como proceder cunha reclamación.
Pezas de repostoDevolucións
Cremos que todo o mundo debería poder probar os nosos produtos na casa e cambiar de opinión sobre eles. Por iso, coa nosa política de devolucións podes devolver os produtos IKEA, abertos ou non, nun prazo de 365 días.
Consulta a nosa política de devolucións para coñecer as condicións e descubre as opcións de devolución dispoñibles.
Incidencias
Todos os nosos produtos sométense a rigorosas probas antes de lanzarse para garantir que cumpran cos estándares e normativas. Ademais, preparámolos coidadosamente nas nosas tendas e almacéns IKEA para que cheguen en perfectas condicións. En IKEA, esforzámonos por mellorar a experiencia dos nosos clientes, pero aínda así, ás veces ocorren fallos. Se algo sae mal, atoparemos a solución adecuada.
Visita a páxina de xestión de incidencias para obter máis información.
Pezas de reposto e parafusos para mobles IKEA
Fáltache un parafuso? Buscas pezas soltas? Non te preocupes: temos as pezas que precisas para deixar o teu moble, accesorio ou electrodoméstico coma novo. Reparar compensa máis que substituír, tanto a nivel medioambiental como económico.
Tes algunha pregunta?
Insire unha ou varias palabras na barra de busca para consultar as nosas preguntas frecuentes.
- Se desexas información sobre os nosos produtos, utiliza o buscador da parte superior da web.
- Se desexas consultar o estado do teu pedido, fai clic aquí