Axuda sobre produtos IKEA
Se precisas orientación para comezar ou axuda cun produto IKEA, dende información para a configuración de produtos intelixentes ata guías de montaxe, chegaches ao lugar axeitado.
Axuda cos produtos IKEA | Axuda co fogar intelixente | Axuda xeral
Axuda cos produtos IKEA
Atopa axuda para os produtos IKEA cos que teñas algunha dificultade.
Electrodomésticos
Aproveita ao máximo as funcións intelixentes e os accesorios integrados nos nosos electrodomésticos para mellorar a túa vida diaria.
Armarios PAX
Personaliza o teu armario PAX para crear unha solución de almacenaxe perfecta para o teu fogar. Descubre como engadir organizadores, cambiar portas e máis cousas.
Placas solares: crea a túa propia enerxía!
Estamos colaborando con ACCIONA Energía para desenvolver unha oferta de enerxía solar que poida axudar o teu fogar ou a túa empresa no camiño cara ao autoconsumo.
Cortinas VIDGA
Hai un tempo para a luz e un tempo para a escuridade. Descubre como transformar facilmente o teu cuarto cos sistemas de guías VIDGA, dende espazos acolledores ata oasis amplos.
Mobles de exterior
Os nosos mobles de exterior están deseñados para resistir todas as grellas e festas no xardín, pero podes axudarlles a durar máis de varias maneiras.
Axuda con IKEA Smart Home
Talvez empeces por algo pequeno, ou quizais prefiras facelo ao grande. En calquera caso, descubre o sinxelo que é controlar a música, a luz e mesmo a cafeteira con produtos intelixentes de IKEA, ademais de información detallada sobre como instalalos e que facer se algo vai mal.
Base DIRIGERA e aplicación IKEA Home smart
Coa base DIRIGERA, podes conectar os teus produtos intelixentes e controlalos coa aplicación IKEA Home smart. Descubre como funciona todo e atopa a resposta ás preguntas frecuentes.
Altofalantes SYMFONISK
Goza dun son sen interrupcións que podes controlar facilmente por wifi con SYMFONISK.
Altofalantes Bluetooth
Os nosos altofalantes Bluetooth ofrecen un son claro e potente, e están deseñados para adaptarse perfectamente ao interior do teu fogar. Gran deseño, gran son, música para os oídos!
Iluminación intelixente
A iluminación TRÅDFRI permíteche crear o ambiente axeitado con só premer un botón. Crea axustes preprogramados para pasar do modo de traballo ao modo para comer ou axusta rapidamente a iluminación coa aplicación IKEA Home smart ou os mandos a distancia.
Estores intelixentes
Deixa que os teus estores FYRTUR e KADRILJ esperten antes ca ti. Esperta aos poucos grazas aos axustes preprogramados ou controla os estores intelixentes desde a cama co mando a distancia incluído.
Purificadores e accesorios de aire
Respira profundamente e mellora o aire no teu fogar. Non moitas persoas saben que nos seus fogares pode haber contaminantes do aire. Pero IKEA si, e por iso deseñamos a nosa variedade de produtos para mellorar a calidade do aire en interiores.

- Páxina de información do produto
A aplicación IKEA Home Smart e o dispositivo de conexión TRÅDFRI
No fai falla dominar a tecnoloxía para gozar dunha vida máis sinxela cos produtos de IKEA Home Smart. Co dispositivo de conexión TRÅDFRI, podes conectar todos os teus produtos IKEA Home Smart a través da aplicación. Coñece como funciona todo e atopa respostas ás preguntas máis habituais.
Máis opcións de axuda xeral
Non sabes onde vai o último parafuso? Aquí temos guías de montaxe e outro tipo de axuda xeral.
Tes algunha pregunta?
Insire unha ou varias palabras na barra de busca para consultar as nosas preguntas frecuentes.
- Se desexas información sobre os nosos produtos, utiliza o buscador da parte superior da web.
- Se desexas consultar o estado do teu pedido, fai clic aquí