Axuda sobre o dispositivo de conexión TRÅDFRI e a aplicación IKEA Home smart 1
Velaquí as respostas ás preguntas máis habituais sobre a alma do teu fogar intelixente: o dispositivo de conexión TRÅDFRI e a aplicación IKEA Home smart 1.

Preguntas frecuentes
Nesta parte da páxina, sempre tes prioridade para obter axuda coas túas preguntas. Engadimos continuamente preguntas frecuentes para axudarte a atopar respostas sen necesidade de agardar. Busca as túas respostas nas nosas preguntas frecuentes.
Podémoste axudar?
Acerca do dispositivo de conexión e a aplicación
Que é o dispositivo de conexión TRÅDFRI?
Aplicación IKEA Home smart 1
Descarga a aplicación para controlar os teus produtos intelixentes de IKEA co dispositivo de conexión TRÅDFRI. Actualizaremos continuamente esta aplicación, pero para aproveitar ao máximo o teu fogar intelixente, hai máis funcións para explorar na aplicación IKEA Home smart cando se utiliza co hub DIRIGERA.
Guías
Como instalar o dispositivo de conexión TRÅDFRI
A aplicación IKEA Home smart 1 e o dispositivo de conexión TRÅDFRI permítenche controlar con facilidade o teu fogar intelixente. Podes programar os temporizadores para espertar, crear escenas e controlar produtos intelixentes. Mira o vídeo e aprende a utilizar o dispositivo de conexión TRÅDFRI.

Como programar os temporizadores
Podes configurar unha luz para espertar, controlar os teus produtos intelixentes segundo un horario, ou incluso programar un temporizador: os produtos intelixentes funcionarán segundo o teu horario e temporizadores, incluso cando esteas fóra de casa.
Mira o vídeo para aprender a programar os temporizadores coa aplicación IKEA Home smart 1.

Como conectar a aplicación ao dispositivo de conexión TRÅDFRI

Como restablecer o dispositivo de conexión
Podes devolver o dispositivo de conexión á configuración orixinal (de fábrica) e desconectalo da aplicación, seguindo estas instrucións:
- Abre e quita a tapa do dispositivo de conexión.
- Preme cun alfinete o botón afundido que hai na parte superior do dispositivo de conexión durante polo menos 5 segundos, ata que a luz LED deixe de pestanexar.

Podes devolver os produtos intelixentes á configuración orixinal (de fábrica) e desconectalos do dispositivo de conexión e da aplicación, seguindo estas instrucións.
- Luces: Acciona o interruptor principal 6 veces.
- Mando a distancia TRÅDFRI, regulador de intensidade sen fíos TRÅDFRI ou sensor de movemento TRÅDFRI: Preme o botón de sincronización 4 veces en 5 segundos.
- Toma de corrente de control sen fíos TRÅDFRI: Preme cun alfinete o botón afundido que hai na parte superior da toma de corrente de control durante polo menos 5 segundos, ata que a luz LED deixe de pestanexar.
- Estores: Preme á vez os botóns de subida e baixada do estor durante 5 segundos.

Estamos aquí para axudarte.
Estamos aquí para axudarte coa túa vida no fogar máis intelixente. Se non atopaches o que buscabas, contacta connosco e axudarémoste con moito gusto.
Comunidade IKEA
Interactúa, comparte e le o que din outros usuarios de fogares intelixentes na comunidade (en inglés).