Saltar

Política de privacidade

Todos os días traballamos para mellorar a vida cotiá de tantas persoas como sexa posible, non só a través dos nosos produtos e coleccións, senón tamén a través dos nosos servizos. Nalgúns casos, temos que solicitar información para conseguilo. Non recompilamos información só porque si. A fin de contas, estamos a falar da túa privacidade e cremos que debemos ser totalmente transparentes en todo o que rodea o seu tratamento, polo que pomos á túa disposición a nosa Política de Privacidade.

Esta Política de Privacidade é a que aplicamos e a que atoparás cando merques nas nosas tendas da península, a través do noso servizo de venda telefónica ou cando interactúes connosco nas distintas canles que poñemos á túa disposición, como a nosa páxina web (www.ikea.es), a aplicación móbil, os quioscos ou terminais IKEA que atoparás nas nosas tendas, e o servizo de WhatsApp. Ás veces, pode acontecer que te informemos de tratamentos concretos. Neses casos, recibirás información específica ao respecto.

1.  QUEN É O RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS TEUS DATOS PERSOAIS?

A entidade que actúa como responsable do tratamento dos teus datos persoais cando mercas ou interactúas connosco é IKEA IBÉRICA S.A.U.

  • IKEA IBÉRICA S.A.U.
  • Enderezo postal: Avda. Matapiñonera, 9, 28703, San Sebastián de los Reyes, Madrid
  • Teléfono: 900 400 922
  • Delegado de Protección de Datos: [email protected]

2. QUE TIPOS E CATEGORÍAS DE DATOS PERSOAIS TRATAMOS?

As categorías de datos que imos precisar de ti clasifícanse do seguinte xeito:

  • Datos identificadores e de contacto profesional.
  • Datos de facturación e pagamento.
  • Datos de conexión, navegación.
  • Datos como socio ou socia do club IKEA Family ou da Rede IKEA para Empresas.

Dentro de cada unha destas categorías de datos, atópanse os seguintes tipos de datos, que che habemos ir solicitando ou que nos facilitarás nalgún momento da nosa relación:

Datos identificadores e de contacto profesional: Nome e apelidos, enderezo postal, enderezo de envío, data de nacemento, número de teléfono e correo electrónico. No caso de seres socio ou socia da Rede IKEA para Empresas, precisaremos a denominación social, o domicilio social, o NIF e os datos de contacto profesionais. Pode acontecer que nos facilites datos de terceiros cos que teñas algún tipo de relación. Nese caso, trataremos eses datos, xa que entendemos que avisaches a estes terceiros de que nolos ías entregar e lles remitiches esta política de privacidade para que saiban como tratamos os seus datos. No entanto, no momento no que teñamos ocasión, informarémoslles desta política de privacidade.

Datos de facturación e pagamento. Enderezo de facturación, número de conta corrente e datos da entidade bancaria. Datos necesarios para realizar e completar unha factura. No caso concreto de IKEA Family ou da Rede IKEA para Empresas, en cumprimento das obrigas tributarias, resulta obrigatorio dispor dun NIF/CIF para poder completar a factura. Os datos de pagamento ou de tarxetas non se conservan nin recollen nos nosos sistemas, senón que se lles envían ao provedor de servizos directamente a través da pasarela de pagamentos.

Datos de conexión, navegación. Neste caso, podemos ter acceso ao enderezo IP e ao código identificador do teu dispositivo, e mais aos metadatos.

Datos como socio ou socia do club IKEA Family ou da Rede IKEA para Empresas. No caso do club IKEA Family, ademais dos datos identificadores, imos tratar información adicional que aparecerá vencellada a ti e á túa ficha ou o teu perfil como cliente IKEA, como a seguinte:

  • Número de socio.
  • Formación académica.
  • As túas preferencias relacionadas co fogar e a decoración.
  • As características da túa casa: tipo de vivenda, metros cadrados, estilo de decoración e proxectos de decoración.
  • Calquera outra información que decidas compartir connosco para poder ofrecerche algún servizo concreto, como o deseño de cociñas, de armarios ou de calquera estancia da túa casa, coas nosas ferramentas.

Para a Rede IKEA para Empresas, imos tratar o nome da túa empresa e número de identificación fiscal, o nome e o apelido da persoa de contacto, o enderezo e o teléfono, e os datos da túa tarxeta identificativa IKEA para Empresas.

Agradecémosche que os datos que nos facilites estean actualizados e sexan reais. En caso de que os datos que nos facilites sexan falsos, incompletos, inexactos ou non estean actualizados, IKEA resérvase o dereito de finalizar os servizos contratados ou calquera outro contrato que se subscribise.

3. CON QUE FINALIDADES TRATAMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS?

Trataremos os teus datos persoais para distintas finalidades segundo sexa a túa relación ou interacción connosco. Identificamos as seguintes finalidades:

  1. Venda de produtos. Cando mercas en IKEA podemos tratar os teus datos para:
  • Xestionar os pedidos da compra que realices a través das distintas canles de IKEA (na tenda, online, por teléfono, WhatsApp, na aplicación etc.) e contactar contigo en relación coa túa compra. Recollemos datos sobre o uso que fan das nosas diferentes canles (aplicación, páxina web e tenda; neste último caso, só se te identificas como socio ou socia de IKEA Family) os clientes que iniciaron sesión, coa finalidade de comprender mellor como se utilizan estas canles e como interactúan entre elas. O fundamento xurídico para o devandito tratamento é o noso interese lexítimo en analizar e mellorar os puntos de contacto cos nosos clientes. Podes consultar información máis detallada sobre como manexamos os teus datos persoais se visitas a Política de Privacidade específica da aplicación que atoparás aquí.
  • Xestionar os pagamentos mediante a comunicación de datos á entidade financeira correspondente ou, no seu caso, a través da entidade responsable de cada un dos métodos de pagamento previstos. No caso de que pagues en liña coa tarxeta Visa e escollas a opción de pagamento mediante financiamento, compartiremos os teus datos coa entidade financeira só aos efectos de xestionar o devandito financiamento.
  • Realizar unha verificación de fraude nos pagamentos con tarxeta de crédito, segundo o país onde se expediu, o código postal e o país de orixe. Neste caso informarémosche de que esta decisión se toma de xeito automatizado.
  • A emisión de facturas pola compra de produtos.
  • Se amosas a túa tarxeta IKEA Family ao finalizar a túa compra para aplicar calquera desconto e vincular os datos da transacción á túa conta IKEA Family.
  • Se tes un perfil na web de IKEA, para poder ver o resumo das túas compras e os teus tíckets na túa área de cliente, e para realizar e enviar enquisas de calidade sobre os produtos que mercaches en IKEA.
  • Se es socio ou socia da Rede IKEA para Empresas, para poder gozar das vantaxes e dos descontos dos produtos vencellados á Rede IKEA para Empresas.

2. Servizos de IKEA. Cando solicitas un servizo, podemos tratar os teus datos para o seguinte:

  • Contratar un servizo de IKEA a través de calquera das canles de IKEA, como os seguintes: a instalación e a montaxe, o transporte ou a desmontaxe e a retirada de mobles, os servizos de planificación e asesoramento especializado, a venda de mobles de segunda man, etc., así como outros que vaiamos ofrecendo.
  • Solicitar e xestionar unha cita para algún dos servizos como os de planificación e asesoramento de IKEA que requiren cita previa.
  • Contactar contigo a través de calquera medio titularidade de IKEA (teléfono, correo electrónico, WhatsApp) en relación co servizo que solicitaches.
  • Xestionar o pagamento de servizos.
  • Resolver a través de calquera medio titularidade de IKEA (teléfono, correo electrónico, WhatsApp) algunha consulta sobre os nosos produtos ou servizos.
  • Preparar e enviarche facturas.
  • Se amosas a túa tarxeta IKEA Family ao finalizar a túa compra ou se mercas como socio ou socia da Rede IKEA para Empresas, para aplicar calquera desconto e vincular os datos da transacción á túa conta IKEA Family ou da Rede IKEA para Empresas.
  • Se tes un perfil na web de IKEA, para poder ver o resumo das túas compras e os teus tíckets na túa área de cliente.
  • Realizar e enviar enquisas de calidade sobre os servizos que contrataches con IKEA e con colaboradores externos.
  • Se es membro da Rede IKEA para Empresas, podes gozar das vantaxes, dos descontos e dos servizos vinculados á Rede IKEA para Empresas.
  • Servizo HUB: Reserva o teu produto: Trataremos os teus datos para xestionar a reserva que fagas de calquera dos nosos produtos a través do noso Hub. No marco deste servizo poderemos contactar contigo para facer o seguimento da reserva do produto e poñer á túa disposición o noso servizo de consultas do Hub.
  • Deseñar as estancias da túa casa coas ferramentas que IKEA pon á túa disposición e poder gardar os deseños.
  • Se o autorizas, poderemos tratar os teus datos de localización para ofrecerte os servizos que requiren este tipo de datos mediante a nosa aplicación. Por exemplo, para atopar un produto na tenda. En todo caso, informarémoste antes e pediremos a túa autorización. Ti poderás elixir e revocar o teu consentimento en calquera momento dende a pestana de axustes do teu dispositivo.

Enviar no teu nome a información da Lista de Agasallos que crees, citándote no remitente e no corpo da mensaxe. Este envío faise baixo a túa responsabilidade ao declarar que coñeces o destinatario. Utilizaremos os datos que indiques do destinatario para enviar a información da Listaxe de Agasallos sobre a base da relación contractual e para informarte se o destinatario mercou algo da túa Listaxe de Agasallos. Non os almacenaremos nin os trataremos, agás que a persoa en cuestión os facilite.

3. Club IKEA Family, puntos de recompensa de IKEA Family e da Rede IKEA para Empresas. Cando te rexistras no noso Club IKEA Family ou na Rede IKEA para Empresas, trataremos os teus datos cos seguintes obxectivos:

  • Xestionar o Rexistro como cliente IKEA Family e da Rede IKEA para Empresas.
  • Contactar contigo para darche a benvida, así como en relación coa pertenza a IKEA Family ou á Rede IKEA para Empresas.
  • Enviarche ofertas e promocións das que te podes beneficiar por seres membro.
  • Felicitarte polo teu aniversario.
  • Valerémonos dos detalles das túas transaccións e da túa conta IKEA Family ou de usuario rexistrado, así como da túa actividade de usuario na nosa páxina web e a nosa aplicación (xunto coa túa participación nos eventos das nosas tendas), para xestionar os puntos de recompensa. Empregaremos a información sobre as túas compras e sobre calquera interacción allea a elas (como a actividade de usuario) coa finalidade de determinar os puntos de recompensa que debes obter por estas compras e interaccións, e así outorgarchas. Se obtés puntos de recompensa pola compra dun artigo que acabas devolvendo, tamén precisamos vincular a devolución á túa conta para quitarte os puntos de recompensa que che concedeu o artigo devolto. Ten en conta que só recompilaremos o historial de compras e as interaccións que levases a cabo como usuario rexistrado ou como socio de IKEA Family identificado. Usaremos o teu correo electrónico para enviarche as comunicacións necesarias en relación cos teus puntos de recompensa.
  • Os puntos de recompensa son unha nova característica da oferta de IKEA Family, o que significa que avaliamos en todo momento como mellorala, e traballamos para conseguilo. Por este motivo, trataremos tamén os teus datos persoais, para así avaliar e mellorar os puntos de recompensa. Isto tradúcese en que, por exemplo, utilizaremos os datos para avaliar o deseño de usuario dos nosos sitios web, o que nos permitirá comprender que recompensas prefiren os nosos clientes, cal é a cantidade necesaria de puntos de recompensa para reclamar unha recompensa específica e que interaccións alleas ás compras se usan con máis frecuencia. Levaremos isto a cabo de acordo co noso interese lexítimo de mellorar IKEA Family en xeral, e os puntos de recompensa en particular.
  • Como cliente da Rede IKEA para Empresas, trataremos os teus datos de contacto profesional para coñecer a túa localización profesional, así como para manter relacións contractuais ou de calquera índole coa empresa para a que prestas os teus servizos.

4. Club de Embaixadores de IKEA: Como socio ou socia do Club de Embaixadores de IKEA, trataremos os teus datos para que poidas acceder a contido, información e experiencias.

5. Servizo de Asistencia ao Cliente de IKEA. Cando te pos en contacto connosco a través do noso servizo de Asistencia ao Cliente, de calquera medio titularidade ou habilitado por IKEA, ou mesmo do persoal da tenda, directamente, sexas ou non cliente de IKEA, e nos facilitas os teus datos, podemos tratalos para o seguinte:

  • Xestionar, atender e, no seu caso, contactar contigo en relación cunha petición, devolución ou reclamación, así como coas consultas que nos queiras facer.
  • Enviarche facturas.
  • Contactar contigo no caso de lanzarmos unha advertencia de seguridade sobre algún dos nosos produtos ou se precisamos realizar algunha investigación de seguridade sobre un produto.
  • Poderemos gravar as chamadas ao servizo telefónico de asistencia ao cliente e realizar un seguimento destas, por motivos de calidade e seguranza, e con fins de formación interna.
  • Poderemos revisar e analizar as transcricións de chats e chamadas, tanto de xeito manual como mediante a tecnoloxía (automatizada) de Intelixencia Artificial.
  • Servizo de Asistencia ao Cliente Virtual. Poderemos axudarche e atender a petición que nos fagas ao empregar o noso servizo de asistencia ao cliente virtual.
  • Xestionar e atender a petición ou as consultas que nos fagas ou nos queiras facer.
  • Contactar contigo en relación coa petición ou as consultas que nos fagas ou nos queiras facer.
  • Remitir a túa petición ou consulta ao departamento de asistencia ao cliente ou o departamento correspondente.

6. Concurso, sorteo ou actividade, evento organizado por IKEA. Cando participas nalgún concurso, sorteo, evento ou outra actividade de promoción organizada por IKEA. Neste caso, poderemos utilizar os teus datos para o seguinte:

  • Confirmar a túa asistencia ao evento.
  • Enviarche un recordatorio do día e a hora.
  • Contactar contigo no caso de gañares algún concurso ou sorteo.

Organizamos e participamos en diferentes eventos que se celebran tanto física como virtualmente. Por razóns organizativas, para nós é importante identificar que medios de comunicación cobren o evento ou a noticia, polo que che solicitaremos os teus datos de contacto como profesional do sector. Tamén podemos empregar eses datos, sobre todo o correo electrónico corporativo, para enviarche información sobre a hora e o lugar do evento, un recordatorio xusto antes de que comece ou outras convocatorias de prensa.

7. Sala de Xogos IKEA. Cando deixas o teu fillo ou filla na Sala de Xogos mentres visitas a tenda, gardaremos os datos para rexistrar a súa presenza na Sala de Xogos.

8. Redes sociais. Nos nosos perfís sociais, podemos tratar os teus datos cando interactúas directamente connosco e nos envías algunha mensaxe directa para atender algunha petición. Tamén podemos facer seguimento en redes sociais das mencións que se fan da nosa marca a través de perfís públicos.

9. Uso de Rede Wifi. Cando fas uso da nosa rede wifi de xeito gratuíto. Este servizo proporciónao un provedor externo contratado por IKEA que xestiona integramente o servizo de wifi. Unha vez que inicies sesión, recompilaranse automaticamente algúns datos, como o número de identificación (enderezo MAC) do teu dispositivo, que será recollido e tratado polo provedor do servizo.

10. Sistemas de videovixilancia. Para garantir a seguranza das persoas e das instalacións, contamos con cámaras de seguridade. Tamén utilizamos cámaras para contar as visitas na entrada, a saída e outras partes da tenda. As imaxes non se gravan, dado que a finalidade do tratamento da información é contar a ocupación e o fluxo de clientes na tenda por razóns de seguridade e para ofrecer unha experiencia mellor aos nosos clientes.

11. Comunicacións Comerciais. Se nos autorizas, ou se xa es cliente de IKEA ou socio ou socia de IKEA Family ou da Rede IKEA para Empresas, e non solicitaches que non cha enviemos, trataremos os teus datos para enviar, a través de medios electrónicos, publicidade acorde ao teu perfil dos nosos produtos e servizos. A publicidade que che enviemos estará axustada á información que puidésemos identificar a partir das compras que realizases, da información que nos facilitases e da túa navegación na web de IKEA. Poderemos enviarche correos electrónicos:

  • Para enviarche as planificacións ou listaxes da compra que gardases na túa conta.
  • Para lembrarche os artigos que puxeches no carro da compra e que finalmente non mercaches.
  • Para informarte sobre os produtos da web polos que mostraches interese, así como se mostras interese por un produto da web pero finalmente non o mercaches.
  • Para lembrarche que podes mercar os nosos produtos e servizos cando leves un tempo sen comprar en IKEA.

Como poderás ver na nosa política de cookies, empregamos tecnoloxías similares ás cookies; por exemplo, píxeles. As comunicacións comerciais que che enviamos por correo electrónico inclúen píxeles de seguimento, que nos permiten comprobar se abriches o correo ou non, así como outro tipo de información (por exemplo, a hora de acceso, o tipo de navegador, o sistema operativo ou o enderezo IP dende o que te conectas). Se queres opoñerte, podes consultar como evitar este seguimento na nosa política de cookies e tecnoloxías similares.

Podes rexeitar a recepción deste tipo de mensaxes en calquera momento seguindo a ligazón para darse de baixa no pé de calquera das comunicacións.

En relación co envío de publicidade, informámoste expresamente de que non tomamos decisións automatizadas con efectos sobre ti.

Tamén usamos ferramentas de márketing de Meta e Google cando comercializamos os nosos produtos e servizos a clientes potenciais. Usamos correos electrónicos de socios e socias de IKEA Family que aceptaron recibir comunicacións comerciais para dirixirlles a campañas de márketing nas plataformas Meta e Google cando consideremos que se poderían beneficiar do produto ou servizo que se oferte, ou excluílos cando a mensaxe das campañas de márketing non se considere relevante para eles, así como para atopar persoas similares na base de usuarios de Meta e Google, e dirixir eses novos usuarios campañas en ambas as plataformas, así como para excluír os clientes actuais das campañas de márketing nas plataformas de Meta e Google. Isto é para asegurármonos de que non lle diriximos márketing directo do que non se beneficiaría. Tamén utilizamos os parámetros que ofrecen Meta e Google para crear audiencias para campañas de márketing baseadas en datos de usuarios de ambas as plataformas. Algúns exemplos de parámetros son a demografía, a localización, a idade e os intereses.

Meta ofrece posibilidades para que controles os anuncios que ves nas súas plataformas. Podes configurar as túas preferencias de anuncios en Meta: https://www.facebook.com/help/247395082112892?helpref=popular_topics

Do mesmo modo, Google ofrece posibilidades para que controles os anuncios que ves nas súas plataformas. Podes configurar as túas preferencias de anuncios en Google no apartado “anuncios personalizados”: https://myaccount.google.com/data-and-privacy

Os datos recompilados e tratados ​​por Meta réxense pola súa política de privacidade, que podes atopar aquí https://www.facebook.com/about/privacy.

Os datos recompilados e tratados ​​por Google réxense pola súa política de privacidade, que podes atopar aquí https://policies.google.com/privacy.

12. Analítica. Para realizar análises internas, a base para tratar os teus datos de forma agregada ou pseudonimizada é o noso interese lexítimo para a mellora dos nosos produtos e servizos, así como a mellora e a adaptación das nosas Canles de IKEA. No marco destas análises, poderemos asociar de forma agregada a información obtida con outra conseguida a partir do uso doutros medios de análise, como cookies (Google Analytics) ou mesmo a información obtida nas nosas instalacións. Realizamos unha ponderación de intereses e determinamos que IKEA ten un interese lexítimo para analizar como e que mercas, os motivos de contacto e os teus comentarios e percepcións sobre a eficacia do noso servizo de asistencia ao cliente. Isto pode incluír produtos visualizados, transaccións, artigos na cesta e como e por que contactaches con IKEA, para adaptar a estratexia e a oferta comercial de IKEA a partir da vinculación da información obtida das transaccións que se realizan nos distintos puntos de venda, servizos de asistencia ao cliente e ferramentas de autoservizo, así como para coñecer o mercado no que actúa e a súa evolución, e para organizar os seus recursos do xeito máis eficiente no proceso de venda de produtos e servizos. Podes contactar coa Delegada de Protección de Datos para solicitar máis información.

No marco do noso servizo de opinións e valoracións dos clientes (o "servizo CRR"), enviarémosche invitacións para valorar os artigos ou servizos que adquirises en IKEA. De acordo coa valoración que enviases, poderemos contactar contigo, por calquera medio, cos datos de contacto dos que dispoñamos nas nosas bases de datos, en relación co cumprimento das obrigas legais que corresponden a IKEA, no caso de que lancemos unha advertencia de seguranza sobre algún dos nosos produtos ou de que precisemos investigar casos relacionados coa seguranza dos produtos IKEA.

13. Vixilancia da seguranza dos produtos. Poderemos contactar contigo por calquera medio, en cumprimento da normativa aplicable, a través dos datos de contacto dispoñibles nas nosas bases de datos, en relación con calquera información sobre a seguranza dos nosos produtos.

14. Compras realizadas a través de www.tiendasueca.com. Ao mercar na Tenda Sueca, tratamos os teus datos porque os necesitamos para poder levar a cabo o contrato que nos vincula cando mercas un produto. Para previr a fraude na compra, tratamos os teus datos sobre a base da execución dun contrato, por tratarse dunha xestión necesaria no proceso de compra. Neste caso, informámoste de que se fará unha verificación automática.

15. Contacto.Cando te pos en contacto connosco a través de calquera medio habilitado por IKEA ou mesmo do persoal da tenda, directamente, sexas ou non cliente de IKEA, e nos facilitas os teus datos, podemos tratalos para o seguinte:

  • Xestionar e atender a petición ou as consultas que nos fagas ou nos queiras facer.
  • Contactar contigo en relación coa petición ou as consultas que nos fagas ou nos queiras facer.
  • Remitir a túa petición ou consulta ao departamento de atención ao cliente ou o departamento correspondente.

4. POR QUE TRATAMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS? QUE BASE LEGAL TEMOS PARA TRATALOS?

Venda de produtos de IKEA: Ao mercares en IKEA, tratamos os teus datos para poder efectuar o contrato que nos vencella cando mercas un produto, ou ben a relación precontractual, no caso de que che preparemos un orzamento ou precisemos determinada información de xeito previo á compra. Para previr a fraude na compra, tratamos os teus datos sobre a base da execución dun contrato, por tratarse dunha xestión necesaria no proceso de compra. Neste caso, informámoste de que se fará unha verificación automática.

Tamén poderemos tratar os datos de acordo co noso interese lexítimo, no caso do envío de enquisas de calidade sobre produtos mercados e servizos contratados con IKEA e colaboradores externos, así como do envío de solicitudes para valorar os artigos adquiridos en IKEA. Realizamos unha ponderación de intereses e determinamos que as enquisas proporcionan información moi relevante para IKEA xa que permiten conseguir seguir indicadores estandarizados e comparables que nos permiten supervisar, aprender e mellorar en relación coa execución do servizo. Podes contactar coa Delegada de Protección de Datos para solicitar máis información.

Tamén comprendemos que queiras deixar de recibilas e respectamos esa decisión cando nolo comuniques.

Servizos de IKEA: Ao contratares un servizo, tratamos os teus datos para poder efectuar o contrato que nos vencella cando contratas un servizo, ou ben a relación precontractual, no caso de que che enviemos un orzamento ou precisemos determinada información de xeito previo á prestación ou contratación de servizos (por exemplo, se solicitas cita previa para un servizo).

Para previr a fraude na contratación de servizos, tratamos os teus datos de acordo co noso interese lexítimo, así como no caso do envío de enquisas de calidade sobre os servizos contratados, do seguimento do teu orzamento por medio de chamadas ou correos electrónicos, ou da xestión de citas segundo a información recompilada. Realizamos unha ponderación de intereses e determinamos que as accións de seguimento do teu orzamento enmárcanse dentro da actividade de vendas e da habitual relación cos clientes que solicitan un orzamento en IKEA. Podes contactar coa Delegada de Protección de Datos para solicitar máis información.

Tamén poderemos usar os teus datos para realizar perfís a partir do uso da páxina web para planificar as citas e asesoramento especializado en base ao consentimento.

No que respecta aos datos de localización, a base legal do tratamento é o consentimento que nos dás cando empregas os servizos da nosa aplicación que requiren o tratamento dos devanditos datos. Neste caso, informarémoste antes e pediremos a túa autorización. Ti poderás elixir e revocar o teu consentimento en calquera momento dende a pestana de axustes do teu dispositivo.

Club IKEA Family e puntos de recompensa de IKEA Family e da Rede IKEA para Empresas: Neste caso, tratamos os teus datos porque, como socio ou socia do club IKEA Family ou da Rede IKEA para Empresas, aceptas unhas condicións que son un contrato que nos vencella.

Tamén tratamos os teus datos cando nos das o teu consentimento para que che enviemos o boletín ou as ofertas e promocións do Club IKEA Family e a Rede IKEA para Empresas, e sobre a base do noso interese lexítimo en aqueles casos nos que haxa unha relación con IKEA e nos que a información que che enviamos estea relacionada cos produtos e servizos que mercaches ou contrataches.

Club de Embaixadores de IKEA: Neste caso, tratamos os teus datos porque, como socio ou socia do Club, aceptas unhas condicións que son un contrato que nos vencella.

Solicitude de Dereitos RXPD (Dereitos ARSOPOL): As informacións relativas á solicitude e a resolución dun dereito RXPD eliminaranse transcorridos tres (3) anos.

Servizo de Asistencia ao Cliente de IKEA: A base legal para o tratamento é a relación precontractual que se establece con IKEA, a execución do contrato que nos vencella no caso de ser cliente de IKEA ou socio ou socia do Club IKEA Family e da Rede IKEA para Empresas, e mais o cumprimento de obrigas legais no que nos poida corresponder segundo a consulta que nos fagas ou a cuestión que nos expoñas. Para revisar e analizar as transcricións de chats e chamadas, tanto de xeito manual como utilizando tecnoloxía (automatizada) de Intelixencia Artificial, baseámonos no interese lexítimo coa fin de comprender mellor o cliente, analizar tendencias e mellorar os nosos produtos e servizos. Tamén nos baseamos no interese lexítimo para poder prestar o servizo de asistencia ao cliente que nos requirises, operar de xeito máis eficiente, mellorar a experiencia do cliente e xestionar os nosos custos de maneira responsable, incluíndo a posibilidade de gravar a conversa por motivos de calidade e seguranza, e con fins de formación interna. Utilizamos Billie para ofrecer respostas máis rápidas, manexar máis consultas e traballar as 24 horas do día, os sete días da semana, o que asegura que a Asistencia ao Cliente sempre estea dispoñible. Realizamos unha ponderación de intereses e determinamos que este tratamento de datos e a información recompilada permiten a IKEA manter unha listaxe de interaccións que facilita unha mellor asistencia ao cliente, o que contribúe á eficaz resolución dos problemas ou as consultas. Podes contactar coa Delegada de Protección de Datos para solicitar máis información.

Concursos, sorteos e eventos organizados por IKEA: Trataremos os datos persoais que nos facilites con motivo da túa participación en concursos, sorteos, actividades ou eventos organizados por IKEA sobre a base da relación contractual derivada da túa participación e conforme ao establecido nas bases ou condicións de cada promoción. Así mesmo, no caso de que sexa necesario o uso da túa imaxe, o devandito tratamento realizarase só sobre a base do teu consentimento expreso. Sala de xogos IKEA: Neste caso, tratamos os datos do pai, a nai ou o titor, e mais do menor, de acordo coas condicións que aceptas no momento de facer uso da sala de xogos.

Redes sociais: A base legal do tratamento destes datos é a relación contractual ou o cumprimento de obrigas legais no caso de que xa sexas cliente de IKEA, e o interese lexítimo de IKEA para o seguimento en redes sociais das mencións que se fan da nosa marca a través de perfís públicos. Realizamos unha ponderación de intereses e determinamos que IKEA ten un interese lexítimo en facer seguimento desta información dispoñible nos perfís públicos, co único fin de analizar o correcto funcionamento das campañas de márketing. Podes contactar coa Delegada de Protección de Datos para solicitar máis información.

Uso de Rede Wifi: Este servizo proporciónao un provedor externo contratado por IKEA que xestiona integramente o servizo de wifi; polo tanto, os datos préstanse de acordo coa relación contractual que se xera ao iniciar sesión.

Sistemas de videovixilancia: A base de lexitimación do tratamento é, con carácter principal, o interese público, en tanto mediante o sistema de videovixilancia tentamos garantir a seguranza de persoas, bens e instalacións. Non obstante, tamén podería resultar como base de lexitimación o interese lexítimo do responsable do tratamento. Realizamos unha ponderación de intereses e determinamos que IKEA ten un interese lexítimo na utilización de cámaras de videovixilancia, para que o desenvolvemento da actividade propia do negocio se realice en condicións de seguranza para clientes e empregados. Podes contactar coa Delegada de Protección de Datos para solicitar máis información.

Tamén utilizamos cámaras para contar os visitantes na entrada, a saída e outras partes da tenda. A base legal do tratamento é o interese lexítimo de Ingka de ofrecer unha experiencia de compra segura ás visitas que accedan ás súas instalacións.

Comunicacións Comerciais: Tratamos os teus datos para enviarche publicidade, de acordo co consentimento que nos prestas e co noso interese lexítimo naqueles casos nos que haxa unha relación con IKEA e nos que a información que che enviamos estea relacionada cos produtos e servizos que mercases ou contratases, así como naqueles casos nos que usamos algunha ferramenta de márketing, como Custom Audience. Realizamos unha ponderación de intereses e determinamos que IKEA ten un interese lexítimo para o envío de publicidade de produtos e servizos de seu similares aos inicialmente contratados, tendo en conta o noso sector (Retail) e a actividade que desenvolvemos. Para iso, conservamos o teu historial de compras e a información que nos facilitaches ao darte de alta ou contratar os nosos servizos, e utilizaremos os detalles das túas compras para ofrecerche outros produtos e servizos que estean relacionados coa información que temos de ti. Podes contactar coa Delegada de Protección de Datos para solicitar máis información.

Tamén comprendemos que queiras deixar de recibir a nosa publicidade e respectamos esa decisión cando nola comunicas.

Analítica: Para realizar análises internas, a base para tratar os teus datos de forma agregada ou pseudonimizada é o noso interese lexítimo para a mellora dos nosos produtos e servizos, así como a mellora e a adaptación das nosas Canles de IKEA. No marco destas análises, poderemos asociar de forma agregada a información obtida con outra conseguida a partir do uso doutros medios de análise, como cookies (Google Analytics) ou mesmo a información obtida nas nosas instalacións. Realizamos unha ponderación de intereses e determinamos que IKEA ten un interese lexítimo en adaptar a estratexia e a oferta comercial de IKEA a partir da información obtida das transaccións que se realizan nos distintos puntos de venda, así como en coñecer o mercado no que actúa e a súa evolución, e en organizar os seus recursos de xeito máis eficiente no proceso de venda de produtos e servizos. Podes contactar coa Delegada de Protección de Datos para solicitar máis información.

No marco do noso servizo de opinións e valoracións dos clientes (o "servizo CRR"), enviarémosche invitacións para valorar os artigos ou servizos que adquirises en IKEA. Segundo a valoración que enviases, poderemos contactar contigo, por calquera medio, cos datos de contacto dos que dispoñamos nas nosas bases de datos, de acordo co cumprimento das obrigas legais que corresponden a IKEA, no caso de que lancemos unha advertencia de seguranza sobre algún dos nosos produtos ou de que precisemos investigar casos relacionados coa seguranza dos produtos IKEA.

Compras realizadas a través de www.tiendasueca.com: base de lexitimación: relación contractual.

Contacto: A base legal para o tratamento é a relación precontractual que se establece con IKEA, a execución do contrato que nos vincula no caso de ser cliente de IKEA ou socio ou socia do Club IKEA Family e da Rede IKEA para Empresas, e o cumprimento de obrigas legais no que nos poida corresponder segundo a consulta que nos fagas ou a cuestión que nos expoñas, así como o interese lexítimo para poder prestarche o servizo de asistencia ao cliente que nos requirises.

5. CON QUEN COMPARTIMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS? CON QUEN COLABORAMOS?

Nalgúns casos, proporcionamos os teus datos (só cando é necesario) a provedores de servizos externos. Os devanditos provedores só poden usar os teus datos para proporcionar os servizos correspondentes. Por tanto, non poden usar dita información para os seus propios fins ou cedela a terceiros. Tamén é posible que a lei nos esixa revelar os teus datos a entidades, autoridades ou organismos públicos. Se ese é o caso, só revelamos o estritamente necesario.

  Cando sexa necesario, as seguintes categorías de terceiros poden coñecer os teus datos:  

  • Traballadores de correos.
  • Procesadores de correo electrónico.
  • Impresores.
  • Empresas de repartición.
  • Empresas de transporte, almacenaxe, montaxe e instalación así como para a recollida de aparellos e a súa xestión ambiental, recollida de residuos, e desmonte e retirada de artigos vellos.
  • Empresas de servizo técnico de electrodomésticos.
  • Provedores de pagamento.
  • Empresas que analizan o uso do sitio web de IKEA en nome de IKEA.
  • Empresas que personalizan o sitio web de IKEA.
  • Empresas que fan que o noso Centro de Atención ao Cliente sexa accesible a través das redes sociais e chamadas telefónicas.
  • Auditores, consultores e outras empresas semellantes que prestan servizos de consultoría e auditoría.
  • Empresas que prestan a IKEA servizos de márketing e publicidade.
  • Provedores tecnolóxicos que ofrecen servizos de software de intelixencia artificial, almacenaxe na nube e ciberseguridade.
  • Outras empresas que prestan servizos a IKEA e que precisan acceder aos datos para poder prestar o servizo concreto.
  • Empresas do Grupo INGKA, incluídas, entre outras, IKEA IT AB, IKEA Services B. V., IKEA Retail Services AB e IKEA Business Service Center. Subscribimos os acordos correspondentes con estas empresas que actúan como encargadas do tratamento para protexer os teus datos persoais.

Podemos compartir os datos persoais con outras empresas do Grupo Ingka que actúan como os nosos provedores de servizos, como IKEA IT AB e IKEA Retail Services AB, axudándonos a cumprir coas nosas obrigas contigo e a desenvolver o noso negocio.

Tamén compartimos datos persoais coas nosas empresas franquiadoras do Grupo Inter IKEA, como Inter IKEA Systems B.V., co fin de operar o sistema de franquía IKEA, é dicir, para manter e desenvolver o concepto IKEA, os produtos IKEA e os servizos IKEA. Con todo, os datos persoais compartidos con este fin son pseudoanonimizados e non se poden atribuír ás empresas do Grupo Inter IKEA.

Cando estas empresas actúan como procesadores de datos, establecemos acordos relevantes, medidas técnicas e organizativas para salvagardar os seus datos persoais.

Hai unha serie de servizos que non son ofrecidos directamente por IKEA e contamos con colaboradores externos que tratan os datos no seu propio nome e/ou que nos permiten o acceso aos teus datos. Dámosche tres exemplos de servizos:

  • GLOBALBLUE: Devolución de IVE. Para a devolución de IVE, IKEA colabora coa empresa GLOBALBLUE, que é a responsable de solicitar os datos para xestionar a devandita devolución, de xeito que IKEA realiza un labor de colaboración con esta entidade ou accede aos datos que son estritamente necesarios para que GLOBALBLUE poida proceder coa devolución.
  • TaskRabbit. TaskRabbit é unha plataforma que conecta profesionais cualificados interesados en unirse á comunidade con persoas con necesidades vencelladas ás tarefas domésticas, como a decoración ou a limpeza, entre moitas outras. TaskRabbit é a empresa coa que deberás contratar o servizo directamente, e é a responsable dos datos persoais recadados.
  • Caixabank Payments & Consumer ofrece aos clientes e potenciais clientes de IKEA, e a persoas físicas (sen incluír o ámbito profesional "autónomos"), a posibilidade de financiar os produtos adquiridos a través da tarxeta IKEA Visa mediante a contratación do financiamento directamente con CaixaBank. En IKEA, axudámoste coa xestión da solicitude, e a partir dese momento, será CaixaBank quen se encargará do teu financiamento.
  • SANTANDER CONSUMER ofrece aos clientes finais, pemes e empresarios ou profesionais (non consumidores) de IKEA a posibilidade de financiar a adquisición de produtos mediante a contratación do financiamento directamente con SANTANDER CONSUMER. En IKEA, axudámoste coa xestión da solicitude, e a partir dese momento, será SANTANDER quen se encargará do teu financiamento.

6. CEDEMOS OS DATOS A TERCEIROS CON FINS COMERCIAIS?

Non cedemos os teus datos a terceiros con fins comerciais, só che enviaremos información comercial dos nosos produtos e servizos. Poderemos ofrecerche descontos e vantaxes con empresas coas que IKEA chegase a acordos comerciais, pero non lles cederemos os teus datos: só lles faremos chegar información dos seus produtos ou servizos se nos ofreceron vantaxes relevantes (por exemplo, para clientes IKEA Family ou da Rede IKEA para Empresas).

7. TRANSFERIMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS FÓRA DE ESPAÑA?

Para a prestación dalgún dos servizos que che ofrecemos a través das canles de IKEA, como pedir unha cita para un servizo de asesoramento especialista, a compra por WhatsApp, a compra en liña, a recollida do teu pedido mediante os armarios na tenda, a valoración de produtos adquiridos en IKEA ou o envío de publicidade, ou no caso de que pagues en liña coa tarxeta Visa e escollas a opción de pagamento mediante financiamento, ou ben solicites o envío ao teu teléfono móbil da quenda na sección de asistencia ao cliente da Tenda, así como no caso de que contactes con IKEA a través de redes sociais e usemos os teus datos para xestionar unha incidencia ou reclamación, ou se compartes información sobre o deseño de calquera cuarto do teu fogar, informámoste de que os nosos provedores poden tratar os teus datos persoais en países fóra do EEE, de acordo cunha decisión de adecuación da Comisión Europea ou en cláusulas contractuais tipo aprobadas pola Comisión Europea e incorporadas nos nosos acordos. Se tes algunha pregunta sobre as transferencias internacionais de datos e as medidas de seguranza que implementamos para garantir a protección dos teus datos persoais, ponte en contacto connosco en Derechos ARSOPOL.

No caso de WhatsApp Business, empresa de Meta, o servizo prestarao WhatsApp Ireland Limited (empresa irlandesa). Porén, debido a que WhatsApp comparte a información co resto das empresas do grupo Meta, o uso de WhatsApp implica a transferencia de datos persoais fóra do EEE, ao abeiro de Cláusulas Contractuais Tipo. Se decides usar WhatsApp como medio para comunicarte con IKEA, recomendámosche que revises a túa configuración de privacidade e leas a Política de privacidade de WhatsApp para obteres información máis polo miúdo sobre o uso que fai WhatsApp dos datos persoais dos usuarios que utilizan este servizo.

8. CANTO TEMPO CONSERVAMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS?

Venda de produtos: Conservamos os teus datos sobre as túas compras e os teus pedidos para poder responder a calquera pregunta con respecto á garantía, así como outras preguntas ou queixas sobre o produto, e para poder demostrar que mercaches con IKEA durante seis (6) anos. A efectos fiscais, temos a obriga de conservar os detalles das facturas, así como os documentos relacionados con estas, como solicitudes de duplicados de facturas ou de devolución de IVE, durante dez (10) anos.

Servizos de IKEA: Conservamos os teus datos sobre os servizos contratados para poder responder a calquera pregunta con respecto á garantía, así como outras preguntas ou queixas sobre o produto, e para poder demostrar que mercaches con IKEA durante un período de seis (6) anos.

No caso das enquisas, conservaremos os teus datos durante o prazo máximo de doce (12) meses.

A efectos fiscais, temos a obriga de conservar os detalles das facturas, así como os documentos relacionados con estas, como solicitudes de duplicados de facturas ou de devolución de IVE, durante dez (10) anos.

Club IKEA Family e a Rede IKEA para Empresas: Se non usas de forma activa a túa conta IKEA Family ou da Rede IKEA para Empresas, ou se deixas de utilizar a devandita conta, eliminarémola cando transcorran tres (3) anos dende a última interacción. Porén, a efectos fiscais, temos a obriga de conservar os detalles das facturas, así como os documentos relacionados con estas, como solicitudes de duplicados de facturas ou de devolución de IVE, durante dez (10) anos.

Club de Embaixadores de IKEA: IKEA poderá eliminar definitivamente do Club de Embaixadores os perfís daqueles usuarios que non participen de ningún xeito nos retos que IKEA propoña nun período de seis (6) meses.

Servizo de Asistencia ao Cliente de IKEA: Unha vez que resolvamos calquera cuestión a través do Servizo de Asistencia ao Cliente, gardaremos esta información durante dez (10) anos, de xeito que poidamos proporcionarche un mellor servizo se precisas poñerte en contacto connosco sobre o mesmo asunto nun futuro.

Concurso, sorteo ou actividade, evento organizado por IKEA. Conservamos os datos persoais o prazo necesario para o cumprimento das obrigas legais.

Sala de xogos IKEA: Os datos conservaranse por un prazo máximo dunha (1) semana.

Redes sociais: Só conservaremos os datos que nos facilites a través das redes para xestionar unha incidencia ou reclamación a través do Servizo de Asistencia ao Cliente durante dez (10) anos, na medida na que calquera consulta se remita ao Servizo de Asistencia ao Cliente.

Uso de Rede Wifi: Esta información eliminarase transcorrido un (1) ano e só se poderá empregar para evitar calquera uso indebido.

Sistemas de videovixilancia: As imaxes das cámaras eliminaranse nun prazo máximo de trinta (30) días, a menos que existan razóns fundamentadas para almacenalas durante máis tempo (por exemplo, se forman parte dunha investigación policial).

Comunicacións comerciais: Conservaremos os datos con fins publicitarios polo mesmo prazo máximo polo que conservaremos os datos do teu perfil de cliente ou socio ou socia do Club IKEA Family ou da Rede IKEA para Empresas; é dicir, tres (3) anos dende a última interacción. No caso das ferramentas de márketing, o prazo de conservación é de tres (3) meses.

Análises internas: Os datos conservaranse por un período máximo de cinco (5) anos.

Compras realizadas a través de www.tiendasueca.com: Prazo de conservación: Conservamos os teus datos sobre as túas compras e os teus pedidos para poder responder a calquera pregunta ou queixa sobre o produto, así como para poder demostrar que mercaches con IKEA durante seis (6) anos. A efectos fiscais, temos a obriga de conservar os detalles das facturas, así como os documentos relacionados con estas, como solicitudes de duplicados de facturas ou de devolución de IVE, durante dez (10) anos.

Contacto. Unha vez que resolvamos calquera cuestión, gardaremos esta información durante dez (10) anos, de xeito que poidamos proporcionarche un mellor servizo se precisas poñerte en contacto connosco sobre o mesmo asunto nun futuro ou se somos nós os que necesitamos contactar contigo.

Gardaremos a información relativa aos deseños que configures coas nosas ferramentas por un período máximo de tres anos.

9. TES PREGUNTAS SOBRE OS TEUS DATOS PERSOAIS?

Se quixeres facer un pedimento a IKEA relacionado cos teus datos e exercer os teus dereitos nesta materia, contacta con IKEA de forma rápida e sinxela por medio do seguinte formulario: Dereitos ARSOPOL.

IKEA designou unha Delegada de Protección de Datos coa que podes contactar. Ten en conta que nesta caixa do correo non poderemos atender outras cuestións que non estean relacionadas cos datos persoais.

Delegada de Protección de Datos: [email protected]

Se es socio ou socia de IKEA Family, podes facer calquera modificación dos teus datos persoais directamente no teu perfil de IKEA Family, tras inserir o teu usuario e contrasinal, así como modificar as túas preferencias con respecto aos envíos de comunicacións comerciais.

IKEA está adherido ao Código de Conduta de Protección de Datos na Actividade Publicitaria de AUTOCONTROL, acreditado pola Axencia Española de Protección de Datos, e, por tanto, está sometido ao seu sistema extraxudicial de tramitación de reclamacións cando estean relacionadas con protección de datos e publicidade, dispoñible para os interesados no sitio web www.autocontrol.es.

Que deberías facer coas "falsas mensaxes"?

A miúdo circulan ofertas de premios por correo electrónico, redes sociais ou unha mensaxe de texto que non provén de IKEA. Polo xeral, ofrecen un cupón de regalo. As devanditas promocións de "phishing" usan ilegalmente o nome e o logotipo de IKEA para obter datos persoais ou para enganarte e conseguir diñeiro.

Recomendámosche que verifiques sempre o remitente do devandito correo electrónico. Podes recoñecer os correos electrónicos oficiais de IKEA polo enderezo de correo electrónico do remitente @IKEA.com ou @ ikea.es.

IKEA non usa WhatsApp para enviar promocións de premios.

Se non estás seguro de se un correo electrónico ou unha promoción (premio) de IKEA son auténticos, contacta con nós. No sitio web do Instituto Nacional de Seguridade www.incibe.es atoparás máis información sobre que podes facer para usar Internet de xeito seguro.

10. COÑECES OS TEUS DEREITOS EN RELACIÓN COS TEUS DATOS PERSOAIS?

Se quixeres facer un pedimento a IKEA relacionado cos teus datos e exercer os teus dereitos nesta materia, contacta con IKEA de forma rápida e sinxela por medio do seguinte formulario: Dereitos ARSOPOL.

Dereito de acceso aos teus datos persoais. Tes dereito a obter unha copia dos datos persoais que IKEA ten sobre ti e información de como os utilizamos. En termos xerais, estas solicitudes tramitaranse sen custo para a persoa interesada.

Dereito de rectificación. Podes solicitar a IKEA que actualice ou rectifique os datos persoais que ten sobre ti.

Dereito de supresión. Podes solicitarnos que cancelemos os teus datos. Ten en conta que esta cancelación pode implicar que teñamos que deixar de prestarche algún servizo.

Dereito de oposición e á limitación do tratamento. Podes opoñerte ao tratamento dos teus datos persoais ou solicitar que non se utilicen para determinados fins.

Dereito á portabilidade. Sempre que se cumpran os requirimentos necesarios, podes solicitar os teus datos persoais nun formato electrónico de uso común e que se transmitan a un terceiro da túa elección.

Dereito a non ser obxecto dunha decisión automatizada (incluído o perfilado). Tes dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada só en tratamentos automatizados.

Dereito á revogación do consentimento. Se nos deches o teu consentimento para un tratamento de datos concreto, informámoste de que podes retiralo en calquera momento.

Dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. Se nalgún momento estás insatisfeito ou preocupado sobre como respondemos á túa solicitude, podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

11. COMO PODO CONSULTAR A POLÍTICA DE PRIVACIDADE NAS TENDAS IKEA?

Nas nosas tendas, centros de planificación e outros puntos de contacto atoparás un cartel cun CÓDIGO QR que poderás escanear para acceder á nosa política de privacidade da web de IKEA.

12. PÓDESE MODIFICAR ESTA POLÍTICA DE PRIVACIDADE?

Si, esta política de privacidade pódese actualizar. Esta política de privacidade é do 22/09/2025. Recomendámosche que leas esta política de privacidade con regularidade. En caso de se realizaren cambios significativos, notificarémoschos por separado.

22/09/2025