Saltar
Ir á lista de produtos
Recibe o teu pedido pequeno por 2,90€* por ser de IKEA Family

Téxtiles e alfombras

Reláxate como é debido coa nosa gama de téxtiles para o fogar, como almofadas, coxíns, mantas e, abofé, a base da comodidade: as alfombras. Engadir téxtiles é a forma máis sinxela de aumentar a comodidade e darlle outro estilo a calquera estancia. Despois, só tes que cambialos cando che apeteza un cambio de imaxe.

Durme baixo un solpor nocturno

Por que quedar cunha soa cor se podes telas todas? A funda nórdica FLÄDERBUSKE pasa dunha cor a outra para darlle ao teu dormitorio a mesma enerxía que a túa lista de reprodución favorita.

 

O tecido, fabricado cunha mestura de poliéster e viscosa, é suave, duradeiro e doado de coidar. Non se deforma, seca con rapidez e é suave ao tacto, polo que poderás despreocuparte un pouco pola bogada e gozar máis dun sono de calidade.

Mellora cos anos

Que teñen en común os teus vaqueiros favoritos, unha tixola de ferro fundido e a saba axustable DVALA? Que melloran cos anos. Confeccionada con algodón 100%, ofrece resistencia dabondo para usala día tras día; ademais, vólvese máis suave con cada lavado. Un tecido que envellece con elegancia. 

Click & Collect

Pedidos para recoller

Máis información

Entrega e retirada

Adeus ao vello para abrir camiño ao novo

Máis información

Personalización

Tarefas de costura e arranxos personalizados

Un espazo máis acolledor con tecidos

Mergúllate no mundo dos tecidos, onde a comodidade e o estilo van da man sen esforzo. A nosa colección de tecidos para o fogar vai alén das teas, para converter o teu fogar nun espazo cálido, persoal e funcional.

Por que son tan importantes as mantas

Ademais de bonitos, os tecidos axudan a crear espazos acolledores. Imaxina como sería o teu sofá cunha cómoda manta enriba, ou a sensación de cubrirte con ela nunha noite de frío. Non se trata só de entrar en calor, senón de sentir como se o teu fogar te abrazase. A nosa gama de artigos inclúe tecidos e cores que converterán o teu espazo nun santuario.

Mesturar tecidos de forma sinxela

Algunha vez te preguntaches como mesturar tecidos diferentes? Mesturar tecidos e estampados é unha arte, e queremos axudarche a liberar a túa creatividade. As capas de tecidos transmiten profundidade, así que combina tecidos suaves e ásperos, lixeiros e pesados. Os coxíns, as cortinas e as alfombras pódense combinar sen esforzo para crear unha sinfonía de comodidade e estilo.

Tecidos máis alá da decoración

Agora abordemos as cuestións prácticas. Ademais de transmitir fermosura, os tecidos son moi prácticos para un bo número de tarefas. As cortinas suavizan a luz do sol, as fundas de coxín sobreviven as noites de cine na casa e os manteis resistentes non se perden nin unha das túas festas. Os nosos tecidos non só son bonitos: son compañeiros fiables para o teu día a día.

Como coidar os tecidos

Non te preocupes: é máis fácil do que parece. A maioría dos nosos tecidos pódense meter na lavadora e necesitan coidados moi sinxelos.Bótalles unha ollada ás etiquetas de coidados para ver as instrucións específicas, aínda que xa che adiantamos que mantelos en bo estado non podería ser máis fácil.

No universo dos tecidos, onde os fíos e as tendencias se unen, creamos unha colección que reflicte os teus desexos, se adapta ao teu estilo de vida e se integra sen dificultade no teu fogar. Déixate seducir pola maxia dos tecidos, onde a comodidade e o carácter se funden, e o día a día énchese de estilo.