Tarros, latas e botes
Ordenar e filtrar
Lista de resultados
Categorías relacionadas
Hai mellor forma de reducir o lixo e poñer orde no fogar que reorganizando os estantes e armarios con botes e latas?
En cociñas e despensas, é a forma máis eficiente de aproveitar ó máximo todos os botes e latas de almacenaxe, ó mesmo tempo que gardas os ingredientes á vista. Cando podes ver con maior facilidade os produtos dos que dispós e cales tes que repoñer, os botes e latas transparentes inspirarante a cociñar con máis frecuencia e a probar novas receitas.
Botes fronte a latas
A diferenza principal entre os botes e as latas é o material: os botes son normalmente de cristal ou plástico, e as latas son normalmente de metal, por exemplo, alumino ou aceiro.
Estes recipientes tan prácticos, que adoitan levar unha tampa de rosca ou á presión, son unha alternativa ecolóxica que te axudará a conservar os alimentos perecedoiros frescos durante máis tempo e a reducir a necesidade de usar recipientes ou envases de plástico descartables.
IKEA ofrece unha ampla gama de botes de conserva, recipientes de alimentos e botes de vidro de diferentes formas, tamaños e cores para que poidas ter os armarios en orde e encontralo todo facilmente.
Decorar con botes
As latas e os botes poden ter unha finalidade funcional e decorativa ó mesmo tempo.
Os recipientes decorativos serven para gardar obxectos pequenos, como xoias e alfaias, ou para presentar agasallos, como candeas, xabóns ou outros artigos pequenos.
Se queres un fogar de aspecto rústico ou se buscas un ambiente máis acolledor, os botes de conserva son unha opción decorativa magnífica, xa que son artigos versátiles e accesibles que se poden utilizar de moitas maneiras diferentes. Pódense pintar facilmente con distintas cores ou estampados para combinalos coa decoración do fogar. Tamén se poden utilizar como floreiros ou centros de mesa con grilandas de luces para crear un ambiente romántico. Mesmo os podes utilizar como vasos para bebidas frías e engadirlles unha tampa ou unha palla. Tamén os podes encher de area ou pedriñas e poñerlles unha candea no centro para crear un portacandeas único, ou crear un xardín en miniatura se lles pos terra e plantas pequenas.
E se queres levar as túas dotes organizativas ó seguinte nivel, non esquezas etiquetar os botes e latas. As etiquetas danlles o toque final de elegancia e permiten diferenciar os artigos máis parecidos entre si.