Sofás
Atopa un novo lugar favorito en SALTSJÖBADEN
Non é necesario que compliques a procura dun novo sofá. Se o que queres é comodidade, calidade de confianza e estilo sen rodeos, a serie SALTSJÖBADEN ten xusto o que precisas. Dende a cadeira de brazos ata a chaise longue, todo é equilibrio dimensional, coxíns de asento con resortes ensacados e bo soporte para as costas. Ademais, a presencia de materiais resilientes por todas partes é sinónimo de comodidade duradeira e fai que o sofá recupere sempre a forma despois de utilizalo. E, se algunha vez sucede un accidente ou che apetece cambiar de cor, as fundas poden quitarse con facilidade e lavarse, algo que alongará con eficacia a vida do teu sofá. Doado, non si?
Ordenar e filtrar
Atopa o sofá axeitado para ti
Vistos recentemente
Un sofá para unha boa sesta
Non hai maior pracer que unha sesta no sofá cunha manta e por iso un sofá cómodo e mol pódeche facer vivir a túa mellor sesta. É moi frecuente ver a televisión despois de comer e sen querer acabas quedando durmido no sofá. De repente, espertas sen saber moi ben onde estás nin que hora é. E se todo isto o podes facer nun sofá, mellor facelo nun cómodo que che permita deitarte ao teu xeito, como por exemplo nun sofá con chaiselongue.
Unha cadeira de brazos para ler un bo libro
Es un fanático da lectura que devora todos os libros que se poñen no seu camiño? Ou só les cando te enganchas a un bo libro? Sexa como sexa necesitarás un lugar cómodo e adecuado onde ler. Este espazo debe permitirche abstraerte do resto de cousas e concentrarte nas idas e vindas do libro que estás lendo. Elixe unha cadeira de brazos que che guste e pegue co lugar do teu fogar onde a vas colocar e pon a unha boa altura unha lámpada que che permita ter a luz adecuada para a lectura. E se aínda queres máis comodidade engade un repousapés aos pés da cadeira de brazos.

















































