Saltar
Ir á lista de produtos

Produtos de xardín e terraza

Verde e versátil: un xardín que se adapta a cada momento

Imaxina un xardín que evoluciona contigo. A solución é sinxela: con mobles modulares e uns cantos accesorios, crearás a escena perfecta para cada ocasión nun pestanexo.

Velaquí máis mobles de exterior
Unha familia sentada arredor dunha mesa TEGELÖN baixo unha árbore no xardín, lista para comer.
Un xardín verde cheo de plantas e soportes para testos de IKEA
Velaquí máis mobles de exterior

O verán aínda non se rende

Goza dos últimos raios de sol cun pícnic ao aire libre. Cuns simples detalles, crear un recanto cómodo e acolledor é tan doado como estender a manta, preparar algo rico e deixar que o verán se alongue un pouco máis.

Monta un pícnic perfecto
Unha bolsa para o almorzo FLADDRIG gris estampada.
Tres recipientes para alimentos IKEA 365+ con tampa, un enriba do outro, que conteñen comida e un cunco IKEA 365+ con patacas fritas.
Recipiente para alimentos HALVVARM de aceiro inoxidable/beixe con tampa e separador.
Unha bolsa térmica KLOTPIL
Xogo de pícnic MARULK de 21 pezas en cores variadas
Monta un pícnic perfecto

A orde nunca quedara tan ben!

Un frechazo auténtico. Os mobles de almacenaxe KOLBJÖRN son resistentes, impermeables e perfectos para gardar dende coxíns ata ferramentas. Cos armarios SUNDSÖ, combinan a almacenaxe aberta e pechada para que poidas crear ata o teu propio museo. Imposible resistirse!

Velaquí máis armarios e estantes de exterior
A parede dun balcón con dous armarios SUNDSÖ en azul escuro con plantas, vasos e un termo TAGGÖGA en branco óso.
Un armario KOLBJÖRN de aceiro recuberto de cor beixe para interior e exterior, situado nun balcón pechado; enriba, ten unha lámpada portátil e unha caixa con ferramentas de xardinaxe.
Velaquí máis armarios e estantes de exterior

Consellos rápidos e sinxelos para unha vida máis sostible

Cada vez máis persoas están interesadas en reducir o impacto que teñen no planeta, pero moitas non saben como facelo. Para levar unha vida sostible, hai que facer pequenos cambios nos nosos hábitos diarios. E é que a suma de moitas pequenas accións pode xerar un gran impacto ao noso ao redor.

A domicilio a partir de 48 horas

Enviámosche o teu pedido pequeno a domicilio dende 2,90€* por ser de IKEA Family. Envío de mobles dende 9,90€.

Máis información

Montaxe de mobles

Porque hai ocasións nas que vén ben un pouquiño de axuda

Máis información

Opcións de financiamento

Gózao agora e vai pagando aos poucos* cos nosos servizos de financiamento.

Máis información

Mercado Circular

Merca mobles IKEA de segunda man ou véndenos os que xa non utilizas: ti elixes!

Máis información

PUBLICIDADE. 1. Financiamento a través da tarxeta IKEA VISA, emitida pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E. F. C., E. P., S. A. U., e suxeita á súa autorización. A entidade escolleu, como sistema de protección dos fondos recibidos de usuarios de servizos de pagamentos que presta, o seu depósito nunha conta bancaria separada aberta en CaixaBank, S. A. Obtén máis información sobre as formas de pagamento da túa tarxeta aquí: www.caixabankpc.com/es/productos.

Financiamento dispoñible en 3, 6, 10, 12, 18, 24, 36 e 48 meses sen xuros (TXN: 0%. TAE: 0%) para compras realizadas en tendas IKEA da península e na tenda en liña IKEA.es. Importe mínimo 10€ para 3, 6 e 10 meses; e 120€, 180€, 900€, 1900€ e 2750€ para 12, 18, 24, 36 e 48 meses, respectivamente. Importe máximo que financiar: 3000€. Exemplo representativo nunha compra financiada en dez meses de 1500€. TXN: 0%; TAE: 0%. 10 cotas de 150€. Prezo total a prazos e importe total debido: 1500€. Custo total do crédito (xuros): 0€. Sistema de amortización francés.

2. Préstamo ofrecido pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E. F. C., E. P., S. A. U. e suxeito á súa autorización. Financiamento dispoñible en 3, 6, 10, 12, 18, 24, 36 e 48 meses sen xuros. Importe mínimo: 60€. Importe máximo: 9000€. TXN: 0%; TAE: 0%. Mensualidades: 3. Exemplo representativo nunha compra de 1000€ (imp. total crédito), dúas cotas de 333,33€; última cota: 333,34€; importe total debido e prezo total a prazos: 1000€; custo total do crédito (xuros): 0€. Mensualidades: 6. Exemplo representativo nunha compra de 1000€ (imp. total crédito), cinco cotas de 166,67€; última cota: 166,65€; sen xuros; importe total endebedado e prezo total a prazos: 1000€; custo total do crédito (xuros): 0€. Mensualidades: 10. Exemplo representativo nunha compra de 1000€ (imp. total crédito), dez cotas de 100€; sen xuros; importe total debido e prezo total a prazos: 1000€; custo total do crédito (xuros): 0€.Sistema de amortización francés.

3. Exemplo de Financiamento de 1000€. Prezo ao contado: 1000€. Prazo de 10 meses, 1 cota de 104,80€ e 9 cotas de 104,64€. Tipo debedor do 10%; TAE: 10,51% (A TAE, así como a primeira cota, poderán variar lixeiramente segundo o día da sinatura do contrato e a data de pagamento das cotas). Xuros: 46,56€; Importe Total do Crédito: 1000€; Custo Total do Crédito: 46,56€; Importe Total Debido: 1046,56€; Prezo Total a Prazos: 1046,56€. Con data de contratación o 02/10/2024, e do primeiro pagamento, o 02/11/2024. Oferta válida ata o 31/03/2025. Sistema de amortización francés. Financiamento ofrecido e suxeito a estudo e aprobación por parte de Santander Consumer Finance, S. A.

O aire libre mantennos contentos e saudables de moitas maneiras. Un espazo asollado que poidamos sentir noso é algo que paga a pena coidar. En IKEA temos produtos de xardín, accesorios e obxectos decorativos de exterior para mellorar o teu espazo ao aire libre. Converte o teu patio no lugar perfecto para socializar, ou o teu balcón nun oasis de relaxación. Observa como florece o teu xardín con plantas coloridas ou cultiva as túas propias verduras. Tanto se buscas produtos para un patio grande como para un balcón estreito, atoparás moitas ideas na nosa gama de produtos de xardín.

Produtos de xardín para a zona de comedor

Se tes espazo dabondo, a mesa de comedor e as cadeiras de exterior son esenciais para o verán. Atoparás de todo, dende mobles de comedor de exterior lixeiros e pequenos que se poden gardar, ata mesas de comedor e cadeiras grandes e robustas que resisten as inclemencias do tempo. Escolle a mesa de comedor e as cadeiras por separado, ou bota unha ollada aos nosos completos conxuntos de comedor de exterior. Tamén temos os accesorios para engadir ese acolledor toque final. Con cómodos coxíns de exterior e unha romántica iluminación de exterior, nunca quererás que rematen as veladas.

Mobles de xardín e accesorios para ese recuncho tranquilo

Crea a sensación dunha sala ao aire libre cun cómodo sofá na esquina do balcón. Bota unha soneca ao sol nunha das nosas hamacas. Ou fai provisión de libros e pasa as fins de semana lendo nunha hamaca de xardín. Se engades un parasol colgante, poderás gozar da refrescante sombra nun día caloroso. Hai moitas formas de converter o teu espazo ao aire libre nun auténtico paraíso de aire fresco, natureza e relaxación. A nosa gama de produtos para exteriores conta con mobles de xardín accesibles e elegantes accesorios para o patio, así que busca o estilo que máis che guste.

Prepárate para plantar cos produtos de xardín IKEA

As plantas e as flores poden alegrar o teu fogar nun instante. Achégase a tempada de xardinaría e en IKEA atoparás todo tipo de material para esas tarefas. A nosa colorida gama inclúe plantas de interior e exterior que poden plantarse en testos ou nunha xardineira.