Baños e accesorios
Un fogar para todos os accesorios indispensables
Traslada un pouco de calma aos teus armarios e caixóns con VISSLAÅN, unha serie de organizadores intelixentes con combinacións flexibles de compartimentos e soportes, deseñada para axudarche a tirarlle o máximo proveito ao baño. Dá igual se te decantas por organizadores de caixóns, a bandexa colgante ou a caixa grande con compartimentos: sexa cal sexa a túa decisión, terás todos os teus obxectos esenciais ao alcance da man.
Os nosos sistemas de baño a xogo
Merca produtos para un fogar máis sostible
Renova o baño cos mobles axeitados
Dálle un toque distintivo ao teu baño coa nosa gama para baños. A nosa colección inclúe desde solucións de almacenaxe prácticas ata mobles de lavabo elegantes e foi deseñada para facilitarche as rutinas diarias e personalizar o teu baño. Bótalle unha ollada ás nosas opcións, que combinan estilo e practicidade para ofrecerche un baño bonito e útil.
Como podo elixir os mobles de baño adecuados para o meu espazo?
Para elixir os mobles de baño perfectos debes ter en conta dúas cousas: o que necesitas e o que queda ben. Primeiro analiza o espazo que tes, despois encontra artigos que collan sen cargalo de máis. Pensa nas cousas que tes que gardar e elixe mobles que satisfagan as túas necesidades sen renunciar ao estilo.
Como se pode maximizar a almacenaxe dun baño pequeno a través dos mobles?
En baños moi pequenos, as nosas solucións de almacenaxe compactas son toda unha revolución. Opta por varios armarios na parede e usa caixóns e estantes prácticos para gardar as túas cousas, de xeito que todo quede ordenado sen ocupar demasiado espazo.
Crea a túa propia zona de spa
Converte o teu baño nun espazo de sosego co que lle dar outro aire ás túas rutinas diarias. Utiliza mobles de lavabo e armarios con espello para realzar o ambiente luxoso e mantelo todo en orde. Pensa en elixir un conxunto de mobles para o baño a xogo e conseguir así un aspecto coordinado que sexa práctico e elegante.
Como me podo asegurar de que os mobles do baño duren moito tempo?
Para que os mobles do baño sigan tendo bo aspecto e cumpran a súa función, límpaos con frecuencia cun limpador suave e evita usar produtos químicos agresivos. Se tes mobles de madeira, asegúrate de que a estancia non se encha de vapor e inviste en caixóns e portas de peche suave para reducir o desgaste ao mínimo.
Incorpora os nosos mobles de baño á túa rutina diaria e fai que o teu espazo sexa un lugar máis práctico e persoal. Encontra o equilibrio perfecto entre estilo e funcionalidade cun baño que, ademais de ter todo o que necesitas, reflicta a túa personalidade.











