Naturalmente acolledora e practicamente extensible
Co seu acabado en chapa de nogueira auténtica e as súas veas únicas, a mesa extensible dobre TJÄRKIL achega calidez e personalidade a calquera comedor. O seu deseño combina a beleza natural da madeira cunha resistente estrutura de aceiro con revestimento en po, pensada para o uso diario. Grazas á súa función extensible, adáptase con facilidade a cada momento.
Ordenar e filtrar
Recomendado para ti
Todos xuntos á mesa de comedor
A mesa de comedor é o lugar perfecto para pasar grandes reunións en familia e con amigos. Na mesa de comedor teñen lugar as celebracións máis importantes do fogar. Ás veces trátase dunha comida especial, outras dunha tarde de café e xogos de mesa, e outras celebramos unha cea de aniversario, pero en todas estas celebracións a mesa é sempre a protagonista. Anímate e improvisa unha decoración de mesa en tendencia seguindo os nosos consellos. Fai que a mesa de comedor sexa importante!
Mesas versátiles para o comedor
A mellor mesa de comedor para o teu fogar é aquela que che fai as comidas e ceas máis doadas. Así que o primeiro paso é pensar en que necesitamos que teña a nosa mesa de comedor. Quizais queres unha mesa grande na que caiba toda a túa familia ou quizais dispós dun espazo pequeno e necesitas unha mesa máis reducida. E se o teu fogar combina ambos os dous factores, elixe unha mesa de comedor extensible. Sexa como for, entre a nosa variedade encontrarás a túa mesa de comedor idónea. Cando teñas claro os teus requisitos, elixe a mesa de comedor que máis se axuste ao teu estilo!






























































