Lámpadas de teito
Ordenar e filtrar
Lista de resultados
Deixa que a lámpada de teito brille no fogar. Cunha lámpada de teito IKEA, podes iluminar unha estancia con estilo. Tanto se procuras unha lámpada de araña baixa como unha lámpada de teito cun laborioso deseño ou unha guía de focos para o teito, terás moitas opcións para escoller na nosa gama.
Lámpadas de teito como fonte de luz xeral
Ao escoller unha lámpada de teito, o primeiro que debes preguntarte é para que a vas utilizar.
Como fonte de luz xeral, un plafón, unha lámpada de teito ou unha lámpada de araña situada preto do centro da estancia pode ser unha boa elección. Se queres salientar unha parte da decoración, unha guía de focos para o teito pode ser a opción perfecta. Se o que queres é iluminar un espazo de traballo, como un escritorio ou unha illa de cociña, podes utilizar un plafón situado directamente enriba da área de traballo.
A lámpada de teito indicada para cada estancia
A segunda pregunta é que estancia vas iluminar e que farás nela.
Nalgunhas estancias, é recomendable optar por unha iluminación intensa e práctica. Por exemplo, é posible que queiras unha lámpada de teito moi luminosa no recibidor para atopar facilmente todo o que precisas antes de saír da casa. O cuarto de baño tamén pode beneficiarse dunha iluminación potente para actividades como afeitarse ou maquillarse polas mañás.
Outras estancias, como a sala de estar ou o cuarto dos pequechos, teñen usos diversos. É posible que queiras iluminalas cunha iluminación xeral potente por se tes convidados ou para cando os cativos xoguen no seu cuarto. Con todo, cando os teus convidados marchen e deites os nenos, podes cambiar a unha iluminación máis suave. Nestas estancias, unha lámpada de teito con regulador pode resultar moi práctica.
Ten coidado coa cabeza!
A nosa colección de lámpadas de teito ten algo para cada tipo de estancia. Pero, antes de decidirte, debes ter en conta a altura do teito.
Se tes un teito particularmente baixo, unha lámpada de teito ou de araña moderna podería converterse nun obstáculo. De ser o caso, opta por plafóns, focos LED ou lámpadas encaixadas para non correr o risco de golpearte na cabeza.
Pola contra, se tes un teito alto, as nosas lámpadas de teito e as pantallas son un bo punto de partida. Temos lámpadas de teito e pantallas en varios deseños diferentes para que poidas expresar o teu propio estilo.
As lámpadas de teito tamén poden ser elementos decorativos
Decorar con luz pode ser un reto complicado, mais divertido. Debes ter en conta tanto a dirección como a intensidade da luz, xa que cada fonte de luz influirá no ambiente da estancia. E, como non hai nada que chame máis a atención ca unha fonte de luz, non está de máis que a lámpada tamén sexa bonita.
Se queres levar o teu deseño de iluminación a outro nivel, bótalle unha ollada aos nosos produtos de iluminación decorativa, iluminación integrada e iluminación intelixente.
Como instalar unha lámpada de teito?
Se non te atreves a instalar unha lámpada de teito pola túa conta, o mellor é que te poñas en contacto cun electricista cualificado.