Frigoríficos e conxeladores
Neveras eficientes para a túa cociña
Os nosos frigoríficos, conxeladores e neveras teñen moitas funcións intelixentes para que os alimentos manteñan a súa frescura durante moito máis tempo. As nosas neveras foron fabricadas para adaptarse ao teu estilo de vida ou ao da túa familia e facervos a vida moito máis fácil. Ademais, limpanse con facilidade.
Ordenar e filtrar
Lista de resultados
Cal é a mellor forma de romper o xeo? "Tiralo ao chan", segundo un chiste malo. Aínda que, se falamos de xeo, o importante é a temperatura que selecciones no frigorífico/conxelador IKEA. Despois diso, poderás relaxarte mentres o teu novo electrodoméstico fai todo o traballo. Ofrecemos unha ampla variedade de frigoríficos/conxeladores grandes e pequenos en diferentes estilos e formas. Explora a nosa gama para atopar o que mellor se adapte á túa cociña. Deseguido, explicamos os factores que aconsellamos ter en conta ao mercar.
Espazo e tamaño
Ao elixir un frigorífico, o tamaño é o primeiro que se debe ter en conta. Precisas unha solución de armario alto cun frigorífico na parte superior e un conxelador na parte inferior? Ou prefires un frigorífico debaixo do mesado cun compartimento conxelador? Asegúrate de comprobar as dimensións para que o electrodoméstico encaixe na túa cociña.
Os nosos frigoríficos máis pequenos poden colocarse debaixo dun mesado ou entre dous armarios, o que resulta ideal para cociñas pequenas con pouco espazo. Iso si, poden ser igual de útiles nunha casa de convidados, un estudio, un soto, unha residencia de estudantes ou onde os precises.
Frigoríficos/conxeladores co estilo idóneo
Queres un frigorífico/conxelador que combine coa decoración da túa cociña. A maneira máis sinxela de conseguilo é elixir un frigorífico/conxelador integrado para instalalo nun armario de cociña.
Con todo, se non buscas unha opción integrada (ou se queres alardear do teu novo frigorífico), unha excelente alternativa é combinar o frigorífico co resto de electrodomésticos. Por exemplo, se a lavalouza e o forno son brancos, un frigorífico/conxelador branco pode ser unha excelente elección. Se queres darlle á túa cociña o toque industrial do aceiro pulido, dispoñemos dalgúns frigoríficos así.
Frigoríficos/conxeladores con funcións prácticas
A maioría dos nosos frigoríficos/conxeladores inclúen funcións prácticas que che facilitarán a vida. Que che parece non ter que desconxelar o conxelador nunca máis? Elixe un con desconxelación automática. Queres arrefriar grandes cantidades de comida en pouco tempo? Escolle un frigorífico con función de refrixeración e conxelación rápidas.
Case todos os nosos frigoríficos/conxeladores teñen estantes axustables, caixóns transparentes e compartimentos nas portas para que sexa máis doado organizar e gardar os alimentos. Podes personalizar facilmente o espazo segundo as túas necesidades para ter á vista determinados alimentos. Moitos dos nosos andeis ofrecen solucións intelixentes para almacenar ovos, botellas, verduras e outros alimentos.
Algúns dos nosos frigoríficos/conxeladores tamén permiten montar a porta no lado dereito ou no esquerdo. Esta opción permite adaptar o electrodoméstico ao espazo que teñas e abrir a porta cara á dereita ou cara á esquerda en función do que che resulte máis cómodo.
Garantía e eficiencia enerxética
Todos os nosos frigoríficos/conxeladores inclúen unha garantía de dous ou cinco anos para darche unha tranquilidade total. Podes informarte sobre a garantía na páxina de cada frigorífico/conxelador.
Asegúrate de comprobar o consumo enerxético na sección Información técnica da páxina do produto. Aquí atoparás máis información sobre a clase de eficiencia enerxética do electrodoméstico e serás quen de calcular canto podes aforrar en enerxía en comparación co teu frigorífico/conxelador actual.