Saltar
Ir á lista de produtos

Electrodomésticos

En IKEA, os nosos electrodomésticos de alta eficiencia enerxética e calidade superior fan que o teu fogar sexa máis cómodo e axúdanche a aforrar enerxía e diñeiro.

Descubre a serie STENABY, inspirada nos profesionais

Xa sexa que che encante cociñar ou que, simplemente, queiras basear a túa dieta na comida caseira, seguro que atopas algo para ti na serie STENABY, que ofrece desde produtos básicos ata numerosas funcionalidades. Os fornos e microondas integrados STENABY, baseados en como usan os seus electrodomésticos os chefs profesionais, achegan funcións intelixentes, un estilo tradicional e gran durabilidade ao teu fogar.

 

Os pomos e tiradores de aceiro inoxidable son moi sólidos, mentres que os controis son doados de entender e usar. O deseño integrado ofrece un estilo impecable e un fluxo de traballo eficiente, posto que che permite asar e requecer á vez. Estes electrodomésticos, doados de usar e feitos para durar, inclúen unha garantía gratuíta de 5 anos, polo que serán os teus aliados tanto a diario como as fins de semana, xa sexa en branco, negro ou aceiro inoxidable.

Ordenar e filtrar

137 elementos

Compare

Lista de resultados

Amosando 24 de 137 resultados

Mostrar máis
Bótalle unha ollada á nosa sección de inspiración

Inspírate e tíralle o máximo proveito á túa cociña

Fáltache inspiración para organizar, decorar e aproveitar cada recuncho do teu oasis culinario? Explora os nosos consellos, trucos e ideas para transformar a túa cociña nun lugar onde todo ten o seu sitio e no que se goza máis.

Bótalle unha ollada á nosa sección de inspiración

Planificamos GRATIS a túa cociña

Recibe asesoramento personalizado e profesional para crear a túa cociña ideal.

Pide cita aquí

Servizo de medición de cociñas

A tranquilidade de saber que na túa cociña encaixa todo ao milímetro

Máis información

Instalación e montaxe

Axudámosche a que ti só teñas que presumir de cociña nova.

Máis información

Estrea cociña e págaa en 72 meses*

As nosas opcións de financiamento póñencho fácil.

A túa casa tamén pode axudarche a aforrar

Xa sexa con electrodomésticos eficientes ou con solucións para reducir o consumo de auga, na cociña conta cada xesto. Descubre como iluminar mellor, consumir menos e facer que o teu fogar traballe en prol do teu peto... e do planeta.

Trucos para aforrar enerxía no teu fogar

Vistos recentemente

Sabes o doado que é comprar electrodomésticos en liña?

Algunha vez consideraches comprar electrodomésticos en liña? Podes ter a túa cociña equipada nuns poucos clics comprando os electrodomésticos para a túa cociña en IKEA. En cada electrodoméstico podes encontrar todas as características especificadas, como a funcionalidade, as medidas e a eficiencia enerxética. Bota unha ollada á nosa gama de electrodomésticos e elixe o que necesites. Se necesitas máis información para saber que electrodomésticos elixir para a túa cociña, podes pedir unha cita cos nosos asesores especialistas. Eles estarán encantados de axudarche para que a túa cociña brille como nunca. 

 

Electrodomésticos eficientes para aforrar enerxía

Aforrar diñeiro na factura do fogar e ser máis eficiente co uso que facemos dos recursos no fogar, éche ben doado. Só temos que aprender os trucos para ser máis sostibles co uso dos electrodomésticos. Se apostamos por unha cociña máis intelixente con placas de indución, reduciriamos o consumo de enerxía nun 40% debido ao funcionamento deste tipo de placas. Tamén é vital que elixamos unha lavalouza para a nosa cociña, porque este electrodoméstico permite un lavado moito máis eficiente que o que supoñería utilizar auga da billa para fregar toda a vaixela. Iso si, se enxaugamos os pratos para quitarlles os residuos máis grandes antes de metelos á lavalouza, conseguiremos reducir o impacto enerxético deste electrodoméstico.