"Para durmir ben, o primeiro paso é ter sabas suave e agradables ao tacto. O algodón é un material natural e transpirable, ideal para os momentos nos que o teu bebé poida pasar calor". A serie GULDVÄVARE inclúe deseños e bordados en cores sensibles e calmas que axudan a crear unha atmosfera acolledora na cama. Moitos bebés séntense máis seguros cun boneco de peluche ao seu carón. "Suxeitar algo que lles resulta familiar axúdaos a descansar e durmir mellor".
GULDVÄVARE Saco de durmir
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Recoller 3 puntos con
Podes cambiar de opinión
Neste acolledor saco de durmir, o teu bebé gozará dunha temperatura agradable para durmir. Feito de muselina de algodón orgánico con certificación GOTS. Perfecto para o berce, o carriño e para levar de viaxe cando o bebé ten 6-18 meses.
- Algodón
Mantemento
Encolle un 5% como máximo.
Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.
Lavar xunto con prendas de cor similar.
Pecha a cremalleira antes do lavado.
Non empregar lixivia.
Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).
Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.
Non limpar en seco.
Lava este produto antes de usalo por primeira vez.
Consellos e instrucións de coidado
GULDVÄVARE Saco de durmir305.885.55GULDVÄVARE Saco de durmir305.885.55

Unha alternativa segura á roupa de cama, xa que é moi fácil que o bebé retire esta cos pés, co conseguinte risco de quedaren atoados nas barras laterais do berce.
O saco permitirá o teu bebé durmir comodamente e a unha temperatura agradable durante toda a noite.
Ten unha cremalleira longa para que o neno poida saír e entrar facilmente do saco.
Stina Lanneskog
Algodón con certificación orgánica GOTS: CMPY-158887.
1.5 TOG
TOG (calificación térmica global, segundo a sigla en inglés) é unha medida do illamento térmico e a resistencia fronte á transferencia da calor dun material. Un valor TOG maior indica unha mellor retención da calor e unha sensación máis cálida.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Mantemento
Encolle un 5% como máximo.
Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.
Lavar xunto con prendas de cor similar.
Pecha a cremalleira antes do lavado.
Non empregar lixivia.
Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).
Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.
Non limpar en seco.
Lava este produto antes de usalo por primeira vez.
- Recomendado para bebés de 6-18 meses.
Consellos e instrucións de coidado
GULDVÄVARE Saco de durmir305.885.55GULDVÄVARE Saco de durmir305.885.55

Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Roupa para durmir como unha pedra
A primeira etapa dun bebé xira arredor da hora de durmir. Pode parecer que o teu bebé nunca dorme na hora que lle corresponde. Pero sabes que? Non pasa nada. Todos os bebés teñen as súas necesidades e peculiaridades. Todo consiste en afacerse, mostrarse abertos ós cambios e crear as mellores condicións para botaren unha soneca.
"Como pai ou nai recente, sei o fácil que é preocuparse polas horas de sono, ou a falta del. É algo completamente normal. Tamén é normal as crianzas teren diferentes necesidades e que estas cambien", di Anna Edlundh. Ela foi parte do equipo que creou os nórdicos e sabas GULDVÄVARE en algodón 100% orgánico con certificación GOTS, entre outros produtos, peluches e babadeiros.
Unha cama acolledora é o mellor comezo
Coñece as rutinas do teu bebé
Outros trucos que poden servir de axuda son regular a intensidade da luz e reducir a temperatura do dormitorio. "Tamén é bo coñecer as rutinas do teu bebé cando chega a hora de durmir. Pode tratarse dun baño antes de ir á cama ou escoitar unha canción especial que o teu bebé recoñeza". E pode que chegue o momento de a rutina deixar de funcionar, iso é normal. Nese momento hai que mostrarse abertos e axustala un pouco. "Aínda que a forma de descansar cambie, do que podes estar seguro é que o teu bebé descansa todo o que necesita. Pero non esqueza que mesmo os pais necesitan descansar e durmir de vez en cando".





