Saltar
Ir á lista de produtos

Decoración de parede

Deixemos os nosos teléfonos e poñamos marcos para expoñer as nosas fotos favoritas para variar! Todo o que precisas é unha foto e un marco. Temos un feixe de cores e tamaños de marco diferentes para que personalices a túa casa ao teu gusto. Tamén temos estantes para cadros, minivitrinas e láminas que irán de medo coa túa decoración.

Comparte momentos especiais nun novo marco de ratán

Enche a túa vida de natureza con estes marcos de ratán feitos á man. Tecido por artesáns, cada marco é tan único como os recordos que colocas no seu interior. Tanto se optas por un tecido estruturado como por un aspecto de bordos máis suaves, o ratán na decoración é o complemento perfecto para unha habitación relaxada, sinxela ou boho chic.

Velaquí todas as láminas e marcos de fotos
Catro marcos de ratán colgan verticalmente dunha parede en beixe escuro. Debaixo hai pólas secas.
Un primeiro plano de catro marcos de ratán mostra un cun anaco de corda no centro. Tamén hai pólas secas.
Velaquí todas as láminas e marcos de fotos