Saltar
Ir á lista de produtos

Coitelos

Cortar pan, pelar verdura, cortar carne en anacos... Hai moitos traballos distintos para os que se precisan coitelos. Por iso é bo que teñamos moitos coitelos especializados. Bótalle unha ollada á nosa gama para atopar o equipo axeitado, tanto se estás cortando en anacos a verdura para un guiso como se estás fileteando o peixe.

Ordenar e filtrar

32 elementos
Compare

    Lista de resultados

    Amosando 24 de 32 resultados
    Mostrar máis

    Corta, rebanda ou cuartea: a túa cociña, as túas normas

    Dá igual se estás a preparar unha grellada de domingo, se vas improvisar un curry rápido entre semana ou se deveces por comer un pastel: os coitelos de cociña adecuados marcan a diferenza. E como hai tantas formas, tamaños e estilos para escoller, é importante saber que buscar (e como gardalos).

    Que tipo de coitelo preciso? 

    Cada coitelo desempeña unha función particular e, xa que logo, ter o coitelo adecuado pode facer que cociñar sexa unha actividade de lecer máis. Un conxunto de coitelos básico inclúe o seguinte:

    • Coitelo de chef: a ferramenta ideal para cortar e cuartear
    • Coitelo de mondar: pequeno e veloz para mondar ou realizar tarefas máis complicadas
    • Coitelo de pan: para rebandar fogazas crocantes
    • Coitelo de trinchar: para cortar anacos de carne ou verduras ao forno

    Ademais, encontrarás opcións para especialistas, como coitelos de estilo xaponés para tarefas que requiren moita precisión ou coitelos multiúso de tamaño medio. O primeiro é pensar en como che gusta cociñar.

    Debería mercar coitelos por separado ou un conxunto?

    Se estás a dar os teus primeiros pasos, un conxunto de coitelos deseñados para complementarse entre si é ideal para satisfacer todas as túas necesidades básicas. Ademais, adoitan incluír un práctico recipiente onde gardalos. Xa tes experiencia na cociña? Nese caso, talvez prefiras escoller coitelos por separado, segundo os teus pratos favoritos e o teu estilo de cociña.

    Na nosa gama encontrarás:

    • Conxuntos de coitelos completos en estilos que combinan
    • Combinacións flexibles que se adaptan ao teu orzamento e espazo
    • Opcións con empuñaduras de distintas cores: útiles para evitar a contaminación cruzada ao traballar con diferentes ingredientes

    Como gardo os meus coitelos con seguridade (e estilo)?

    A ninguén lle gusta remexer nun caixón cheo de gumes cortantes. Afortunadamente, as nosas opcións de almacenaxe foron deseñadas para protexer os dedos e conservar os gumes afiados.

    Os soportes para coitelos danlle un aspecto clásico ao mesado e son ideais para acceder a eles rapidamente e sen complicacións. Prefires un toque moderno? Os soportes magnéticos permiten exhibir os coitelos sobre a parede (e liberan espazo no mesado) para a túa cociña parecerse máis á dun chef. E se tes pouco espazo, hai soportes para coitelos que collen dentro dos caixóns para evitar telos á vista, mais á man.

    Desde o primeiro corte até o toque final, os nosos coitelos están pensados para cociñar con facilidade, comodidade e confianza. Se vas crear a túa propia colección ou se só queres substituír un vello coa punta roma, encontrarás algo que se adapte ás túas mans, cociña e á forma na que traballas nela.