Saltar
Ir á lista de produtos

Artigos de viaxe, paraugas e bolsas

Para nós, a equipaxe vai máis alá dos bolsos de man e as mochilas. Equipaxe son tamén as pequenas cousas que te preparan para os momentos imprevisibles da vida. Un chuvasqueiro para unha chuvia repentina. Unha bolsa da compra para unha visita improvisada a unha panadaría. Temos ese tipo de cousas que sempre veñen ben, e tamén todo o necesario para levar na equipaxe de man.

Compañeiros de viaxe para o teu día a día

Vas saír? Dá igual a onde vaias (a clase, a gozar dun pícnic ou a vivir unha aventura): asegúrate de ter á man todos os teus artigos imprescindibles. Atopa a túa mochila favorita entre a nosa colección de mochilas resistentes e prácticas, que serven para todas as idades e actividades.

Velaquí todas as mochilas e bandoleiras
Unha persoa cun casco branco, unha chaqueta vaqueira e unha mochila VÄRLDENS negra montando nunha moto.
Un neno sentado nun bambán está a suxeitar unha mochila STARTTID gris e a buscar algo no seu interior.
Velaquí todas as mochilas e bandoleiras