Saltar

O noso enfoque para os materiais

IKEA avalía e aborda de xeito proactivo o impacto social e medioambiental dos materiais que emprega.

O uso de materiais reciclados aumenta a eficiencia, axuda a diminuír a nosa dependencia das materias primas virxes, reduce os residuos e alivia a presión sobre os recursos naturais.

Para aumentar aínda máis a cantidade de material reciclado dos produtos, IKEA está a innovar e idear novas formas de usar materiais reciclados, todo sen deixar de centrarse na dispoñibilidade, o seguimento e a accesibilidade destes materiais.

Un pano de cociña de liño MARIATHERES en beixe a raias na sala de estar.
Máis información sobre a nosa madeira

Os moitos atributos da madeira

A madeira é un material excelente tanto dende o punto de vista do deseño como da calidade. É unha parte importante do noso herdo de deseño escandinavo.

Máis información sobre a nosa madeira
Máis información sobre o noso plástico

Repensar os plásticos que empregamos

Fomos retirando todos os produtos de plástico dun só uso da nosa colección de mobles e decoración, e imos eliminar o plástico das embalaxes dos nosos produtos. Se podemos, usamos plásticos reciclados ou renovables como alternativa aos plásticos virxes de orixe fósil de certas liñas de produtos.

Máis información sobre o noso plástico
Máis información sobre o noso bambú

As moitas vantaxes do bambú

Malia o seu aspecto, o bambú non é unha árbore, senón unha herba. Trátase dunha especie que volve medrar con rapidez de xeito natural e que non adoita necesitar plantarse de novo tras a colleita. É un material superversátil e pódese adaptar a unha chea de formas diferentes.

Máis información sobre o noso bambú
Velaquí máis mobles de madeira

O noso compromiso

Velaquí máis produtos de bambú

Zona de reciclaxe

Sabías que nas nosas tendas temos habilitada unha zona para reciclar todo o que xa non precisas e asegurarte de que ten un bo destino? Visita a túa tenda IKEA e infórmate sobre todos os produtos que podemos recoller e xestionar de forma axeitada.

Localiza a túa tenda