O máis importante é ser honesto cun mesmo

"Se esta é a túa realidade, respéctaa. Empeza por ti".
Daniel (el), colaborador de IKEA, 39
Daniel vive nunha especie de burbulla ás aforas dunha cidade da República Checa. Mais esa burbulla non xurdiu da nada: el e a súa parella, Martin, fórona creando de maneira consciente.
Ambos mercaron un terreo e construíron un fogar rodeado de natureza a carón dunhas cortes. Cando nos invitaron a coñecer o seu mundo, quedou claro que, na súa historia, cada detalle suma. As obras de arte de todo o mundo, pero adquiridas en tendas locais, fan referencia á súa historia de amor, ás súas coleccións e ao seu fogar, creado con esmero.
Como Daniel traballa na IKEA Service Office, adoita empezar a súa rutina matutina cun café diante do portátil. É tan alto que ten que colocalo sobre unha mesa de DJ axustable.
Saír do armario
Daniel saíu do armario durante o servizo militar, a finais dos anos 90. Non foi un momento especialmente decisivo, xa que, como el mesmo explica, "xa o sabían". A historia de Daniel é a que calquera persoa da comunidade LGBT+ podería desexar. Saír do armario foi sinxelo e todos o aceptaron. Aínda como soldado, afirma que todos sabían que era gay e que iso nunca foi un problema. Para Daniel, non importaba demasiado que o aceptasen ou non. O máis importante era ser honesto consigo mesmo.
Unha historia de amor
Daniel e Martin coñecéronse durante a súa formación para converterse en guías turísticos. Logo dunha viaxe dunha semana a Croacia para examinarse, namoraron e, dende aquela, seguen xuntos. Antes de mudarse a este pequeno pobo, pasaron dous anos vivindo en Eslovaquia e un ano nunha zona preto da fronteira con Alemaña. Nin na República Checa nin en Eslovaquia tiveron ningún problema para atopar casa ou estaren xuntos. Daniel e Martin son a novena parella de feito homosexual de toda a República Checa. De feito, as autoridades locais consideraron o seu enlace como unha especie de formación sobre como formalizar este tipo de unións no futuro.
Dificultades e odio
Hai vinte anos, foi moi fácil para el. Resultoulle moi sinxelo dicir quen era e aceptar a súa orientación sexual. Con todo, agora está vendo un cambio. Aínda que leva vivindo coa súa parella dende 1994, non poden casar legalmente. Malia seren parella de feito, a lei non os recoñece como unha relación marital legal. Isto significa que, se un deles morre, o outro non terá ningún dereito legal sobre as cousas que construíron xuntos. Recentemente, cambiaron as leis da República Checa respecto ao matrimonio homosexual. Non só se deixou de aprobar, senón que se prohibiu. Os políticos din que o amor homosexual vai contra natura. Para el, o peor é que ten a sensación de que a aceptación da sociedade en xeral está cambiando. Daniel e Martin senten que agora cómpre explicarlles os políticos e os cidadáns no seu conxunto o importante que é que os traten con humanidade.
O papel de IKEA na súa historia
O seu traballo en IKEA vinculouno con varias ONG que axudan ás persoas LGBT+. Por exemplo, organizan unha carreira benéfica anual. O diñeiro que recadan destínase a formación para que as persoas non teñan medo. Conéctaas con outras persoas que as escoitan e apoian nos momentos máis difíciles da súa vida. Desde o seu posto como Communications Business Partner, Daniel garante a posta en marcha de moitas das iniciativas de igualdade, diversidade e inclusión de IKEA, algo co que se sente orgulloso de ter conexión.
Amor na casa
Daniel pensa que a súa vida pode ser un exemplo para a xente nova que teña medo de saír do armario. A súa familia sempre o apoiou. Os seus amigos do servizo militar aceptárono. E o pequeno pobo onde vive agora é un refuxio. A mensaxe que quere transmitirlle ao resto do mundo é que, cunha base de amor e apoio na casa, unha persoa pode vivir unha experiencia marabillosa ao saír do armario.

As nosas preguntas a Daniel
Que lle dirías a unha persoa nova á que lle xere ansiedade saír do armario?
Sé ti mesmo/a. O resto xa están collidos. Non podes cambialo. Sé ti mesmo/a, acéptate e non te escondas. Non estás só/soa.
Como podemos apoiar á comunidade LGBT+?
Con respecto.

Inclusión do colectivo LGBT+
O fogar pode ser a base para desenvolver a autoconfianza, a felicidade e o sentido de pertenza, especialmente para as persoas da comunidade LGBT+. Cando a aceptación e a inclusión xeran a igualdade de oportunidades para todas as persoas, independentemente da súa identidade e orientación sexual, estamos todos mellor. Xuntos.