A estratexia de sostibilidade de IKEA
Temos grandes ambicións para o ano 2030. O noso compromiso é contribuír para abordar o cambio climático, o consumo insostible e a desigualdade. As tres áreas de interese principais en IKEA son: vida sa e sostible; clima, natureza e circularidade, e sociedade xusta e igualitaria.

Un 35% máis de eficiencia enerxética
As novas lámpadas LED SOLHETTA consomen moita menos enerxía (e son máis accesibles) que as lámpadas LED IKEA anteriores.
Electricidade 100% renovable nas fábricas de IKEA
Durante o FY21, acadamos o 100% de electricidade renovable en todas as fábricas e os centros de embalaxe e distribución de IKEA en todo o mundo.
55,8% de materiais renovables
Dos materiais que obtivemos en 2021, o 55,8% eran renovables, e o 17,3%, reciclados.
Queres saber máis?
Zona de reciclaxe
Sabías que nas nosas tendas temos habilitada unha zona para reciclar todo o que xa non precisas e asegurarte de que ten un bo destino? Visita a túa tenda IKEA e infórmate sobre todos os produtos que podemos recoller e xestionar de forma axeitada.