Saltar

Ideas para maximizar o espazo en salas de estar moi pequenas

Precisas máis espazo? Estas ideas para salas de estar moi pequenas axudarante a aproveitar ao máximo o que tes. Dende mobles multifunción e almacenaxe intelixente ata divisores de estancias, pasando por conseguir a luz axeitada: todos estes consellos axudarante a tirarlle o máximo partido ao teu espazo.

Unha sala de estar moi pequena con dous sofás cama KIVIK dunha praza diante dunha fila de armarios de almacenaxe BESTÅ con portas.

Mobles cos que aproveitar o espazo ao máximo

Os mobles flexibles que cumpren dúas funcións, como un sofá cama ou un puf con almacenaxe, poden axudarte a aproveitar mellor un espazo pequeno. Un carriño ou unha mesa auxiliar lixeira son doados de mover a onde queiras, así que non precisarás tanta almacenaxe arredor da estancia.

Un sofá KIVIK dunha praza, configurado como unha cama, con roupa de cama TÅTELSMYGARE, enriba dunha alfombra de raias cunha cortina detrás.
Unha cadeira de brazos SKÅLBODA branca e unha mesa auxiliar BURVIK sobre unha alfombra VÄNDPLATS en branco e negro nunha sala de estar pequena.
Un carriño NISSAFORS negro sobre unha alfombra BRÖNDEN de cores a carón dunha mesa con bandexa GLADOM negra.
Un puf FÖRLUNDA vermello con almacenaxe a carón dunha mesa de centro colocada baixo unha lámpada colgante DYKARKLOCKA nunha sala de estar.
Unha lámpada LED de parede con espello VARMBLIXT redonda de cor bronce pendurada enriba dun armario con varios adornos e unha lámpada altofalante enriba.

Usa portas corredizas para despexar a estancia

Eliminar elementos innecesarios pode facer que a túa sala de estar semelle máis ampla e relaxante. As portas corredizas SKYTTA poden axudarte a ocultar cousas, como o espazo de almacenaxe ou mesmo unha televisión, cando non queiras que estean á vista.

Velaquí o sistema de portas corredizas SKYTTA
Unhas portas corredizas SKYTTA con 4 paneis MEHAMN para estruturas de portas corredizas diante dunha zona de almacenaxe cunha televisión e mobles de almacenaxe.
Dúas portas dunha combinación de portas corredizas SKYTTA/MEHAMN abertas que revelan unha televisión e mobles, e despois péchanse de novo.
Velaquí o sistema de portas corredizas SKYTTA

Aproveita a altura das paredes

Coa almacenaxe e os mobles axeitados, podes gardar moreas de cousas nas paredes, aproveitando dende o chan ata o teito. Temos moitas opcións, polo que atoparás a que se adapte mellor ás túas necesidades e ao teu estilo. Se queres, podes empezar cunhas poucas pezas e aumentar máis adiante a túa almacenaxe.

Velaquí todos os sistemas de almacenaxe
Unha combinación de almacenaxe LÅDMAKARE con moitas cousas, como un floreiro KÄLLARHALS amarelo, contra unha parede.
Diferentes armarios EKET, incluído un armario EKET de carballo con pintura branca, e dous cadros montados nunha parede.
Dúas caixas de almacenaxe IVAR con rodas debaixo dunha combinación de almacenaxe aberta ELVARLI branca a carón dunha mesa auxiliar BURVIK.
Unha caixa de almacenaxe IVAR con rodas debaixo dun armario IVAR, fixado a unha parede debaixo doutros armarios IVAR.
A parede dunha sala de estar cuberta a medias por unha combinación de almacenaxe VIHALS branca; a outra metade está cuberta por varios cadros.
Velaquí todos os sistemas de almacenaxe

Converte o espazo sen usar en almacenaxe útil

Que pasa co espazo que non aproveitas? Por exemplo, uns ganchos ou un taboleiro perforado poden converter unha parede baleira nunha zona de almacenaxe útil. As caixas poden axudarte a gardar e organizar máis cousas en andeis ou armarios de parede. Cunhas mesas niño coma estas, podes colocar unha debaixo da outra para aforrar espazo cando non precises as dúas.

Dous taboleiros perforados SKÅDIS, un par de auriculares vermellos e unha cadeira pregable VIHALS pregada, pendurados dunha parede nun comedor.
Caixas KUGGIS brancas con tapa de diferentes tamaños nun andel, que está debaixo doutro andel baixo varias fiestras.
Un xogo de 2 mesas niño HAVSTA, con floreiros e libros, sobre unha alfombra ao lado dunha chaise longue branca.
Unha persoa amontoa un tallo KYRRE de bidueiro sobre outros tres tallos KYRRE nunha estancia co chan de madeira.
Unha caixa KNAGGLIG de piñeiro montada sobre rodas RILL que semella sacada de debaixo dun armario branco que ten unha porta aberta.

Fai máis cuartos!

Dividir unha estancia pode axudarte a aproveitar mellor o teu espazo e crear a sensación dun fogar máis grande. Podes utilizar diferentes elementos como separadores de ambientes. Un estante KALLAX, por exemplo, ofrece almacenaxe, e podes personalizalo cos accesorios e caixas que queiras. En cambio, se utilizas cortinas, podes recollelas e unificar a estancia outra vez en cuestión de segundos.

Un estante KALLAX branco con moitos obxectos nos andeis, incluídos accesorios KALLAX, sobre unha estrutura inferior KALLAX negra.
Unha cortina de tea precortada SANDLUSERN de puntos en branco e negro pendurada dun cuarto preto dun sofá cama FRIDHULT amarelo.

Espellos que fan maxia

Os espellos na parede reflicten a luz cara ao interior da estancia, o que fai que semelle máis luminosa e dinámica. Tamén crean a ilusión de que a estancia é máis ampla e aberta do que en realidade é. Podes utilizar un espello grande ou agrupar varios espellos pequenos.

Velaquí todos os espellos
Varios espellos GRINSBOL nunha parede preto dunha cadeira de brazos STRANDMON beixe e un armario con portas SKRUVBY en negro-azul.
Un espello modular SVANSELE pendurado dunha parede enriba dunha cama onde se colocaron varios coxíns.
Velaquí todos os espellos

Consigue a combinación de luces perfecta

Mesmo os cuartos pequenos precisan unha combinación de varias luces para adaptalas a cada ocasión ou actividade, dende poñer un pouco de orde ata socializar con amigos e amigas. Se tes varias luces, podes escoller a máis axeitada ou a mellor combinación para cada situación.

  • Iluminación directa: Ilumina unha zona delimitada para dedicarte a unha actividade concreta, como ler un libro ou estudar. Un foco na parede ou unha lámpada de chan/lectura a carón dunha cadeira de brazos, por exemplo.
  • Iluminación xeral: Proporciona unha luz uniforme e unha boa vista xeral da estancia. Algúns exemplos serían as lámpadas colgantes, de teito e de araña.
  • Iluminación ambiental: Luz que axuda a crear unha atmosfera agradable. Por exemplo, unha lámpada de mesa que poidas atenuar.
  • Iluminación para librarías e armarios: Unha combinación entre iluminación directa e ambiental. Serve para axudarte a atopar cousas, destacar obxectos decorativos nos andeis e facer a estancia máis acolledora.
  • Iluminación intelixente: Permíteche controlar unha combinación de luces e crear o ambiente ideal, sexa cun mando a distancia ou unha aplicación no teléfono.

Velaquí toda a iluminación intelixente
Unha lámpada colgante STOCKHOLM 2025 pendurada nunha sala de estar cun sofá SÖDERHAMN vermello e unha lámpada de chan/lectura NYMÅNE.
Velaquí toda a iluminación intelixente

Máis consellos para realzar a sala de estar

Gustáronche estas ideas para salas de estar pequenas? Aquí atoparás máis xeitos de optimizar a túa sala aínda máis.