Saltar

A regra de 3+1 para vestir o teu sofá

Ás veces, dubidamos sobre os elementos que poden conseguir que o noso sofá resulte acolledor e acompañe o noso mood da tempada. Os tecidos son o xeito máis doado de "redecorar" un espazo con pouco orzamento e conseguir o efecto acolledor que estamos a procurar. Non sabes en que consiste a regra do 3+1?

coxíns

1 - Selecciona tres coxíns

1. Empeza polo básico. Escolle o coxín que resulte máis básico dentro da variedade cromática que decidas para decorar o espazo.

2. Define o estilo. Neste paso, elixes outra funda que achegue algún elemento na tea que o diferencie do anterior, ou ben elixindo un material que contraste (como o veludo ou o liño), ou ben agregando a este coxín algunha forma xeométrica: cadradiños, puntos, raias…

3. Marca a expresión. Por último, o terceiro coxín é co que podes desatar a túa imaxinación e incluír bordados, cores opostas, diferentes tipos de tea nun mesmo elemento, etc.

Unha manta e tres coxíns, incluído un cunha funda DYTÅG en vermello acastañado, sobre un sofá EKTORP en beixe claro.

1 - Selecciona tres coxíns

1. Empeza polo básico. Escolle o coxín que resulte máis básico dentro da variedade cromática que decidas para decorar o espazo.

2. Define o estilo. Neste paso, elixes outra funda que achegue algún elemento na tea que o diferencie do anterior, ou ben elixindo un material que contraste (como o veludo ou o liño), ou ben agregando a este coxín algunha forma xeométrica: cadradiños, puntos, raias…

3. Marca a expresión. Por último, o terceiro coxín é co que podes desatar a túa imaxinación e incluír bordados, cores opostas, diferentes tipos de tea nun mesmo elemento, etc.

2 - Engade a manta (+ 1)

Neste caso, o +1 é a mantiña. Este accesorio é de grande importancia para que as túas tardes no sofá ou as túas sestas na cama sexan 100% apetecibles. Podes incluír mantas de distintos grosores, tamaños ou materiais, como a la ou o poliéster reciclado, segundo a época do ano.

Varios coxíns e unha manta LAPPTÅG en branco óso sobre un sofá de esquina EKHOLMA nunha sala de estar de estilo tradicional.

2 - Engade a manta (+ 1)

Neste caso, o +1 é a mantiña. Este accesorio é de grande importancia para que as túas tardes no sofá ou as túas sestas na cama sexan 100% apetecibles. Podes incluír mantas de distintos grosores, tamaños ou materiais, como a la ou o poliéster reciclado, segundo a época do ano.

Complementa coas cortinas

Malia o anterior, non podes esquecer as grandes protagonistas dunha estancia: as cortinas. Un fogar non termina de ser un fogar ata que inclúes unhas cortinas para vestir as fiestras. Son un complemento ideal para o método 3+1, co que tamén poderás mesturar tecidos e cores segundo as túas preferencias, ademais de preservar a temperatura do cuarto e aforrar na factura da luz.

Cortinas LENDA en rosa claro en dúas fiestras, aos dous lados dun armario HEMNES con portas de vidro situado detrás dun sofá.

Complementa coas cortinas

Malia o anterior, non podes esquecer as grandes protagonistas dunha estancia: as cortinas. Un fogar non termina de ser un fogar ata que inclúes unhas cortinas para vestir as fiestras. Son un complemento ideal para o método 3+1, co que tamén poderás mesturar tecidos e cores segundo as túas preferencias, ademais de preservar a temperatura do cuarto e aforrar na factura da luz.

E a alfombra

As alfombras son un elemento clave para engadir cor ou enmarcar zonas dentro da estancia. Se ademais son en tons ocres e claros, achegarán un toque natural á decoración.

Sofá de tres prazas EKTORP con chaise longue en beixe claro sobre unha alfombra plana RAKLEV de xute con raias de la.

E a alfombra

As alfombras son un elemento clave para engadir cor ou enmarcar zonas dentro da estancia. Se ademais son en tons ocres e claros, achegarán un toque natural á decoración.

A tradición de anovar o sofá sen cambialo

Optar polo clásico sempre é unha elección atinada e pouco arriscada, coa que poderás anovar o teu sofá e dotalo dunha personalidade sobria e tradicional con tecidos.

Accesorios de estilo tradicional

Un sofá como novo con accesorios de estilo moderno

Atrévete a optar por pezas máis modernas e desenfadadas: o teu sofá lucirá atrevido e diferente con pequenos cambios que apenas notará o teu peto. 

Accesorios de estilo moderno

Máis ideas e inspiración para a túa sala de estar