Saltar

Sopa thai con albóndegas de proteína vexetal e noodles

Proba a esencia dos sabores umami e goza das marabillosas texturas desta sopa thai con albóndegas proteína vexetal HUVUDROLL, verduras e noodles: a cea perfecta para entrar en calor nunha noite fría.

Tres cuncos con pratos asiáticos enriba dunha superficie de bambú. Nun dos cuncos hai uns paus chineses.
Tres cuncos con pratos asiáticos enriba dunha superficie de bambú. Nun dos cuncos hai uns paus chineses.

Contén peixe | Porcións: 4 | Tempo: 20 minutos

Ingredientes:

360 g de albóndegas de proteína vexetal HUVUDROLL (aprox. 24)
1 dl de cebola torrada ROSTAD LÖK
4 porcións dos noodles precociñados que prefiras
1 cebola amarela
2 dentes de allo
1 cullerada de xenxibre, picado moi fino
2 cenorias 100 g de chícharos doces
1-2 culleriñas de pasta de curry verde
5 dl de caldo de verduras
4 dl de leite de coco
1 culleriña de aceite de sésamo
2 culleriñas de salsa de peixe (ou unha alternativa vexetariana)
1 culleriña de sementes de sésamo
1/2 lima, zume e reladura

Aderezos
Chile
Ceboliña
Coandro

Paso a paso:

  1. Pica a cebola amarela, o allo e o xenxibre moi finos. Pela as cenorias e córtaas en rodas ou paus finiños. Corta os chícharos doces en anacos finos.
  2. Quenta o aceite nunha cazarola fonda a lume medio e engade a cebola, o allo e o xenxibre picados, e mais a pasta de curry. Sofrixe os ingredientes ata que estean tenros.
  3. Engade o caldo de verduras, o leite de coco, o aceite de sésamo e a salsa de peixe. Cociña a lume lento durante 10 minutos.
  4. Namentres, frite as albóndegas de proteína vexetal HUVUDROLL en aceite coas sementes de sésamo.
  5. Sazona a sopa con sal e mais zume e reladura de lima.
  6. Corta ou pica o chile, a ceboliña e o coandro.
  7. Engade os noodles, as albóndegas de proteína vexetal HUVUDROLL e as verduras á sopa antes de servir.
  8. Coroa a sopa co chile, a ceboliña, o coandro e a cebola torrada.

Descubre novos sabores coas receitas IKEA

Goza de pratos deliciosos cada día e dálle un capricho ao padal de cando en vez! Descubre os teus novos pratos favoritos coas nosas numerosas e riquísimas receitas fáciles de cociñar. Desde roliños e albóndegas ata pratos vexetarianos e gofres: hai pratos para todos os gustos e padais.

Velaquí todas as receitas
Velaquí todas as receitas