Saltar

Momias de albóndega

Estas deliciosas momias de albóndega contaxiarán a toda a familia do espírito do Samaín. Usa albóndegas de carne ou proteína vexetal (ou ambas) e prepara un aperitivo rápido e sinxelo en familia.

Tres momias feitas con albóndegas de carne ou proteína vexetal HUVUDROLL e tiras de follado nunha fonte de aceiro inoxidable.

Porcións: 4 | Elaboración: 20 min

Ingredientes:

16 albóndegas de carne ou proteína vexetal HUVUDROLL

125 g de follado

1 ovo

1 cullerada de maionesa

Elaboración

  1. Desconxela as albóndegas.
  2. Quenta o forno a 200 °C.
  3. Corta o follado en tiras alongadas de 1/2 cm de ancho.
  4. Aperta as tres albóndegas unhas contra outras con firmeza e envólveas coas tiras de follado. Colócaas sobre unha bandexa de forno cuberta con papel para enfornar.
  5. Unta o follado cun pouco de ovo batido cunha brocha.
  6. Enforna durante uns 10-15 minutos ata que se douren.
  7. Deixa arrefriar un pouco as momias. Failles os ollos con maionesa.

    Consello:
    Para que as momias sexan aínda máis terroríficas, sírveas coa salsa de cor vermella sangue feita con kétchup KETCHUP.

Velaquí máis receitas
Catro momias feitas con albóndegas de carne ou proteína vexetal HUVUDROLL e tiras de follado nunha fonte de aceiro inoxidable con fume.
Velaquí máis receitas