Ideas para a campá da cociña: Guía práctica para elixir extractores bonitos e funcionais
Estás a pensar en cambiar de extractor ou mercar un novo para a túa cociña, e non sabes por onde comezar? Non te preocupes: esta guía axudarache a elixir o máis axeitado para as túas necesidades.
Existen catro tipos de extractores: campás de parede, de teito ou integradas, e placas de indución con extractor integrado. A mellor opción para ti depende do tipo de placa e de onde estea colocada. Se a placa está instalada nun moble pegado á parede, serve calquera tipo de campá ou unha placa con extractor integrado. Porén, se a tes nunha illa ou península de cociña, podes elixir entre unha campá de teito ou unha placa con extractor integrado. As placas de gas ou vitrocerámica precisan unha campá. Asegúrate de que haxa espazo dabondo na parede: para que a campá extraia o fume de xeito eficiente, ten que ser igual de ancha que a placa ou máis. Pensa no rendemento que fai falla para cociñar, o deseño que prefires e as funcións que che gustaría que tivese.

Placas de indución con extractor integrado
Unha placa de indución con extractor integrado permíteche crear un espazo aberto e social, con menos tecnoloxía á vista. Como os filtros e os condutos van debaixo da placa, podes poñela xunto a unha fiestra ou nunha illa de cociña. Pódese instalar con ou sen modo extracción, e o oco que precisas é o mesmo que o dunha placa de indución estándar.
A serie TÄCKNAN está dispoñible en dous niveis de rendemento ―IKEA 500 e 300― e a un prezo competitivo. Apaixónache cociñar a lume vivo? Aposta por un rendemento máis alto, tanto en extracción como en indución. O modelo IKEA 500 é potente e rechamante, con bordos biselados e controis corredíos intuitivos con luces LED brancas. A súa superficie de vidro impreso é lisa e silenciosa, o que reduce as rascadelas e o ruído por escorregón. Prefires un deseño máis sinxelo? A placa IKEA 300 facilítache o día a día con bordos rectos e controis táctiles sinxelos, para que goces de comidas tranquilas e bos momentos na cociña.

Campás: Estilo e deseño
Se buscas un elemento que poña o foco sobre a túa illa ou península, en IKEA atoparás dúas opcións de teito: unha moderna e outra, tradicional. Queres ver máis deseños? A nosa colección de parede conta cunha selección de estilos e acabados que poden realzar a personalidade da túa cociña. Se prefires un aspecto máis minimalista, unha campá integrada é a túa mellor opción. Ao estar agochada tras a porta dun armario, fai que a cociña se vexa impecable e uniforme.
Antes de elixir, pensa que unha campá de teito pode estorbar a visión, unha de parede ocupa un espazo que poderías ter usado para almacenaxe e unha integrada supón un custo engadido polo armario e a fronte coordinados. Porén, á fin e ao cabo, o que importa é o estilo que che guste máis e cal queda mellor na túa cociña.

Campás: Características
Elixe a capacidade de extracción (en m³/h) segundo o que cociñes e o grande que sexa a túa cociña. Adoitas preparar pratos lixeiros? Entón, poderías escoller unha con menos capacidade. Encántache frixir ou tes un espazo diáfano? Pois escolle unha de maior capacidade ou con función Booster, que permite poñela a máis velocidade que o máximo durante uns intres para sacar todo o fume; logo, apágase soa.
O nivel de ruído é chave: o ideal é que estea por debaixo de 60 dB. En fogares de concepto aberto, o mellor é optar polo modelo máis silencioso posible. O ruído depende do tipo de instalación (o modo de extracción é máis silencioso que o de recirculación), da lonxitude e o diámetro do tubo de saída de fumes (canto máis longo ou estreito, máis ruído fai) e do número de cóbados de 90° (cantos máis cóbados, máis ruído).
Coas luces LED de longa duración, é máis doado cociñar con precisión; ademais, quedan moi ben para crear unha boa atmosfera, sobre todo se é posible regular a intensidade.
Na información do produto, verás todas as características das campás IKEA para que compares e elixas a que queiras. Buscas a máxima funcionalidade? Opta por unha campá IKEA 700.

Que teño que facer para manter a campá?
Manter a campá limpa non serve só para que a cociña cheire ben, senón que é chave para que siga a aspirar e eliminar os fumes de xeito eficiente durante anos. Acostúmate a limpar os filtros de graxa na lavalouza e a cambiar os filtros de carbón cada tres ou seis meses, segundo canto cociñes. Así, manterás o motor en bo estado, e o aire circulará sen problemas. Se algún día tes que cambiar unha peza, IKEA ten todo tipo de recambios para que a túa campá volva funcionar a pleno rendemento nun santiamén.

Consigue os recambios axeitados para a túa campá de cociña
Se a campá se conecta a unha válvula de ventilación (saída de fumes), terás que engadir un tubo flexible NYTTIG. Para a recirculación, asegúrate de incluír un filtro de carbón NYTTIG que sexa compatible coa túa campá.
Ao teu servizo
Estamos aquí para axudarche, dende a entrega e a instalación ata os recambios. Bótalles unha ollada aos nosos servizos para levar o teu electrodoméstico á casa, instalalo e comezar a utilizalo sen complicacións.