Como personalizar a túa cociña sen romper o peto
Menos é máis cando se trata de personalizar a túa cociña. Non precisas gastar en reformas para lograr un cambio que cause impacto. Comeza hoxe mesmo a darlle vida á cociña dos teus soños con estes consellos. Toma nota!

Por onde queres empezar?
Frontes de cociña | Tiradores | Organizadores de parede | Mesados | Iluminación de cociña
Tiradores: detalles que marcan a diferenza
Os tiradores adoitan pasar desapercibidos ao deseñar unha cociña, pero son fundamentais para darlle carácter e estilo. Dende aceiro inoxidable ata tiradores de pel: tes unha gran variedade para reflectir a túa personalidade.
Non sabes combinalos? Aquí tes algunhas recomendacións:
- Para frontes claras e minimalistas: os tiradores de pel ou madeira achegan un toque de suavidade e sofisticación.
- Para frontes de cores escuras: os tiradores de aceiro inoxidable ou metálicos dan un contraste elegante e moderno.

- Páxina de información do produto