Saltar

Espetadas de albóndegas de proteína vexetal

Non hai nada mellor que unha espetada de albóndegas, verduras e unha salsiña de iogur para combater a calor do verán. Este receita sinxela é perfecta se tes convidados na casa e non queres complicarte moito. Rápida, sinxela e deliciosa. 

Ingredientes:

Espetada de albóndegas

15-20 albóndegas HUVUDROLL de proteína vexetal
2-3 patacas
2-3 cebolas vermellas
1 berenxena

Iogur de soia e queixo feta

2 dl de iogur de soia
1,5 dl de queixo feta esmiuzado
2 culleradas de aneto picado finamente

Paso a paso:

Espetadas de albóndegas e verduras

Cociñamos as albóndegas segundo as instrucións do paquete e reducimos o seu tempo de cociñado en 1-2 minutos (xa que procederemos a torralas na grella). Cortamos as verduras en anaquiños medianos (a pataca, a cebola e a berenxena) e comezamos a crear espetadas ao alternar as albóndegas coas verduras. Sazonamos con sal e pementa, botamos un chorriño de aceite e pasámolo á grella. 

 

Salsa de iogur de soia

Mesturamos o iogur de soia coas culleradas de aneto, sazonamos con sal e pementa, e engadimos o queixo feta esmiuzado. Mesturamos ben e reservamos no refrixerador ata o momento de servir. 

 

Como servir

Colocamos un pan polar no prato e repartimos sobre a base as albóndegas de proteína vexetal, a coliflor e un pouco de cebola vermella conservada en vinagre. Rematamos cun chorriño de aceite de oliva virxe extra e acompañamos coa nata montada. Podes acompañar o prato cunha ensalada mixta.