Saltar

Albóndegas de proteína vexetal con pasta, ragú de tomate e espinacas, queixo parmesano e ceboliña

Quen di que a túa comida favorita non pode ser vexetariana? Saborea un prato cheo de cor, composto por albóndegas vexetais, pasta e un delicioso ragú de tomate e espinacas, acompañado de parmesano e un pouco de ceboliña.

Dous pratos fondos sobre unha mesa rosa. Conteñen pasta, albóndegas de proteína vexetal e unha sala de tomate e espinacas.

Porcións: 4 | Elaboración: 60 minutos

Ingredientes

400 g de tomates cherry

400 g de tomates triturados

2 cebolas amarelas

175 g de espinacas

1 pemento amarelo, asado

2 culleres de concentrado de tomate

2 dentes de allos

1 folla de loureiro

1 culleradiña de comiño finamente moído

2 culleradas de aceite para cociñar

Mestura de chiles secos

Sal e pementa negra acabada de moer

500 g de albóndegas de proteína vexetal HUVUDROLL

280 g de pasta BÄSTISAR

3 ceboliñas

100 g de queixo curado, preferiblemente parmesano

Elaboración

Ragú de tomate e espinacas

  1. Pica o allo e as cebolas moi finos e rústreos en fogo baixo cun pouco de aceite nunha tixola grande e fonda ata douralos.
  2. Pica os tomates cherry e os pementos amarelos, e engádeos.
  3. Engade os tomates triturados, a folla de loureiro, o concentrado de tomate e o comiño e sazona con chiles, sal e pementa ao gusto.
  4. Remexe ben, cubre a tixola cunha tapa e deixa cociñar en lume baixo durante uns 30 minutos, remexendo de vez en cando.
  5. Engade espinacas en pedazos e deixa cociñar durante 5 minutos. Salpementa se for necesario.

    Labras de queixo e ceboliña
    Corta a parte verde das ceboliñas en toros finos. Rela o queixo e mestúrao coa ceboliña.

    Empratado
    Quenta as albóndegas de proteína vexetal seguindo as instrucións do envase. Ferve a pasta, cóaa e pona nun prato co ragú e as albóndegas. Engade labras de queixo e ceboliña.

    A gozar!

Un prato de cor verde clara con pasta, albóndegas de proteína vexetal e ragú de tomate e espinacas con parmesano e ceboliña.