Saltar

Como mercar unha cociña IKEA en cinco pasos

Mercar unha cociña IKEA é un proceso moi doado que só require duns poucos pasos. Sigue esta sinxela guía para conseguir a cociña dos teus soños, aquela que se adapte perfectamente ao teu estilo, espazo e orzamento. Se tes algunha pregunta ou necesitas algún dos nosos servizos, non dubides en poñerte en contacto cos nosos expertos en cociñas.

Unha cociña METOD branca nas últimas fases de instalación. Hai un caixón no chan coa fronte apoiada nun armario.
Unha cociña METOD branca nas últimas fases de instalación. Hai un caixón no chan coa fronte apoiada nun armario.

Paso 1: exploración

Independentemente dos cambios que teñas en mente para a túa cociña, IKEA é o lugar perfecto para comezar. Bota unha ollada e deixa voar a imaxinación para dar forma ás túas ideas. Ten en conta tamén as túas necesidades e como sería a túa cociña ideal, e listo! Que combinación de cores se axusta máis ao teu fogar? Almacenaxe aberta ou pechada? Preferirías un estilo clásico ou algo máis moderno? Pode que unha mestura de ambos?

Un espazo de cociña, con paredes en azul escuro e unha alfombra natural, no que os estilos, o tamaño e a disposición da cociña van mudando rapidamente.

As nosas cociñas, a túa elección

Cociña METOD: posibilidades infinitas para calquera estilo e espazo
Cociña ENHET: almacenaxe aberta e pechada cunha montaxe rápida e sinxela
Cociña modular KNOXHULT: funcións básicas a un prezo baixo
Cociñas americanas: solucións compactas con moita personalidade

Paso 2: medición

É moi importante tomar todas as medicións ben, xa que serán a base de toda a planificación posterior. Unha solución moi cómoda é reservar o noso servizo de medición de cociñas, aínda que tamén podes facelo pola túa conta. Para saber que medir exactamente, consigue unha copia da guía de planificación de cociñas de IKEA na túa tenda IKEA ou fai clic a continuación para consultala en liña.

Paso 3: planificación e deseño

Toma o tempo que precises para planificar e asegúrate de que se trate da cociña que queres de verdade. Pensa en como adoitas usar a túa cociña e no que che resulta cómodo. Observa a túa cociña actual e anota o que che gusta e o que quererías cambiar.

Algunhas das nosas cociñas tamén teñen ferramentas de planificación en liña, polo que podes facer probas de planificación sobre a marcha. Tamén podes confiar no servizo de planificación de cociñas IKEA. Os nosos expertos en cociñas están dispoñibles para axudarche de xeito remoto ou na tenda.

Paso 4: compra

Cando xa teñas o deseño que queiras, visita a túa tenda IKEA máis próxima ou reserva unha cita en liña cun dos nosos expertos en cociñas. Repasarán a planificación da cociña contigo, responderán a todas as dúbidas que teñas e axudaranche a reservar o servizo de entrega da túa nova cociña.

Reserva unha reunión cun experto en cociñas
Unha persoa vestida con roupa de colaborador de IKEA sentada á beira dun escritorio branco e traballando cun ordenador ao lado dunha fiestra.
Reserva unha reunión cun experto en cociñas
Consulta os nosos servizos de entrega

Como queres que cha entreguen?

IKEA ofrece unha enorme variedade de servizos de entrega para facilitarche todos os pasos do teu proxecto de cociña, desde Click & Collect, que che permite facer o pedido en liña e recollelo gratis na túa tenda IKEA, ata a entrega a domicilio urxente.

Consulta os nosos servizos de entrega

Paso 5: instalación

As cociñas IKEA están deseñadas para que poidas instalalas pola túa conta, pero non tes por que facelo. Nós ofrecémosche toda a axuda que precises. Se queres que nos encarguemos de todo, só tes que dicilo.

Reserva o servizo de instalación
Unha persoa cunha chaqueta azul está a instalar unha cociña branca con armarios baixos e altos, e un mesado laminado con efecto carballo.
Reserva o servizo de instalación