Saltar

Guía de cociña STENSUND en branco

A cociña STENSUND é perfecta se desexas un toque rústico, con frontes enmarcadas e paneis acanalados que crean un aspecto cálido e artesanal. A superficie lacada é resistente ás manchas e límpase nun momento.

Unha cociña STENSUND branca de estilo tradicional con chan de madeira, papel pintado con motivos florais, unha illa de cociña e dous tallos altos.
Unha cociña STENSUND branca de estilo tradicional con chan de madeira, papel pintado con motivos florais, unha illa de cociña e dous tallos altos.

Cociña STENSUND branca por 1049€

Prezo para unha cociña estándar de 240 x 60 x 228 cm

Inclúe: armarios, frontes, tiradores, accesorios interiores, bisagras, zócolos, patas, caixóns, mesado, vertedoiro e billa. 

Non inclúe: electrodomésticos, iluminación integrada nin mesado á medida.

Deseña a cociña dos teus soños

Existen cociñas con infinidade de formas e tamaños diferentes, e cada persoa ten unha idea distinta sobre o que é unha cociña perfecta. Iso é o que fai que o sistema de cociña METOD, detrás destas frontes STENSUND, sexa tan práctico. Hai armarios de moitos tamaños diferentes para que poidas combinalos e adaptalos perfectamente ás túas necesidades.

Inicia o planificador de cociñas IKEA
Unha cociña STENSUND branca de estilo tradicional con armarios de parede con portas de vidro. Hai accesorios de cociña pendurados de guías HULTARP.
Inicia o planificador de cociñas IKEA

Un toque rústico en calquera lugar

Crea unha cociña de estilo tradicional con frontes con detalles artesanais e armarios con portas de vidro. Podes mostrar (e gardar) a túa vaixela e utensilios de cociña favoritos, e telos sempre preto do lugar de acción.

Envases e organizadores de alimentos
Un armario de parede STENSUND coa porta de vidro aberta, para mostrar té e cuncos de vidro con caramelos, froitos secos e galletas.
Envases e organizadores de alimentos

25 anos de garantía de balde

As cociñas IKEA están feitas para resistir os rigores da vida cotiá do fogar, por moitos días e anos que pasen. De feito, estamos tan seguros da calidade do noso sistema METOD que che ofrecemos unha ampla garantía de 25 anos.

Obtén máis información sobre a nosa garantía de 25 anos
Unha cociña STENSUND branca de estilo tradicional con papel pintado con motivos florais. Hai accesorios para fregar os pratos pendurados de guías HULTARP.
Obtén máis información sobre a nosa garantía de 25 anos