Saltar

Guía de cociña VOXTORP en branco mate

Sen tiradores, sen complicacións! As portas VOXTORP en branco mate teñen liñas limpas e tiradores integrados doados de agarrar que melloran as liñas horizontais da cociña. Estas portas, fáciles de abrir e de coidar, simplifican o día a día na cociña.

Unha gran cociña branca con portas de cociña e frontes de caixóns en branco mate, un mesado branco e unha mesa de cor marrón escuro con dúas cadeiras.
Unha gran cociña branca con portas de cociña e frontes de caixóns en branco mate, un mesado branco e unha mesa de cor marrón escuro con dúas cadeiras.

Cociña VOXTORP en branco mate por 1149€

Prezo para unha cociña estándar de 240 x 60 x 228 cm

Inclúe: armarios, frontes, tiradores, accesorios interiores, bisagras, zócolos, patas, caixóns, mesado, vertedoiro e billa. 

Non inclúe: electrodomésticos, iluminación integrada nin mesado á medida.

Deseña a cociña dos teus soños

Existen cociñas con infinidade de formas e tamaños diferentes, e cada persoa ten unha idea diferente sobre o que é unha cociña perfecta. Iso é o que fai que o sistema de cociña METOD, detrás destas frontes VOXTORP en branco mate, sexa tan práctico. Ofrecemos armarios de moitos tamaños diferentes para que poidas combinalos e adaptalos perfectamente ás túas necesidades.

Inicia o planificador de cociñas IKEA
Unha cociña con armarios de parede negros con portas altas de vidro e caixóns brancos e un mesado de cuarzo con efecto de mineral de antracita.
Inicia o planificador de cociñas IKEA

Planifica a túa cociña desde o exterior cara ao interior

Ao escoller primeiro o exterior da cociña dos teus soños, como as portas e as frontes de caixóns, a iluminación, o mesado, o vertedoiro, a billa, os mandos, os tiradores e os accesorios, poderás planificar o teu estilo desde o principio. A continuación, pasa a organizar o interior coa axuda de accesorios interiores.

Interiores de mobles de cociña
Dous armarios de parede brancos con portas e un mesado de madeira sobre o que hai colocadas dúas plantas de cor verde. Debaixo hai seis caixóns brancos.
Interiores de mobles de cociña

25 anos de garantía de balde

As cociñas IKEA están feitas para resistir os rigores da vida cotiá do fogar, por moitos días e anos que pasen. De feito, estamos tan seguros da calidade do noso sistema METOD que che ofrecemos unha ampla garantía de 25 anos.

Obtén máis información sobre a nosa garantía de 25 anos
A esquina inferior dun armario baixo branco cun zócolo a xogo debaixo.
Obtén máis información sobre a nosa garantía de 25 anos